Noticias Persoal Outras novas Instrucións devolución parte paga extra 2012
 
 

Instrucións devolución parte paga extra 2012

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

info importante web

Deixamos aquí o documento de instrucións para o procedemento ao pago de parte da paga extra 2012 que nos fora roubada no seu momento, así como o modelo de solicitude para que as persoas que non se atopan xa en servizo activo poidan recuperar eses cartos.

 

A lei de orzamentos do ano 2015 só recolle a devolución do 12.5%, que é esta que se vai pagar no mes de xaneiro. A Lei de Emprego de Galiza, que será publicada nas datas previas ás Eleccións Municipais, vai recoller a cronoloxía da devolución da extra do 2012 no período 2015-2017. O que non aclararon é se van incluír, ou non, o complemento específico.

Como CIG xa rexeitamos no seu momento esta proposta, esiximos a devolución íntegra nun só pagamento. Non entendemos, por exemplo, porqué, se a Admón. pretende devolver o 25% da extra no ano 2015, a Lei de Orzamentos  contempla o 12.5%, e non o  pagamento do 25% nunha soa vez.

A PROPOSTA DO PP: DEVOLUCIÓN DA EXTRA EN PEQUENAS DOSES

VINCULADAS AOS PROCESOS ELECTORAIS:

Esta é a cronoloxía que nos anunciaron:

  • Devolven o 12,5 % da extra do 2012 en xaneiro do 2015.
  • Antes das Eleccións Municipais do ano 2015, e unha vez aprobada a Lei de Emprego de Galiza, pretenden devolver outro 12,5%, facendo un total de 25% da paga extra de 2012 devolto no 2015, ano no que tamén coincide que hai Eleccións Xerais.
  • No 2016, coincidindo coas Eleccións Autonómicas, pretenden devolvernos outro 50%
  • No 2017, o 25% restante que falta.

Todo isto, sen termos claro se o complemento específico da extra do 2012 vai incluído nestas porcentaxes, nin qué pasa co complemento específico ou os recortes das pagas extras dos anos 2013 e 2014.

Pretenden tomarnos por parv@s e irnos devolvendo a extra do 2102, QUE NOS ROUBARON, en cómodos prazos pre-electorais, coa intención de comprar votos.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto