Noticias Outras novas Lingua 8F Queremos Galego (tamén na sanidade)
 
 

8F Queremos Galego (tamén na sanidade)

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CartazManiQGO galego é unha lingua cuxa orixe se perde nos tempos, que sobreviviu durante séculos, que chegou sendo maioritaria ao novo milenio e que neste momento debe superar as dificultades e pexas que se lle poñen, posto que é, a todos os efectos, unha lingua máis na sociedade da información e do coñecemento.

Desde hai un tempo vimos detectando que na documentación xerada e remitida desde a Consellería de Sanidade e o SERGAS (comunicacións internas, actas, información colgada na intranet corporativa no espazo dedicado ao seguimento do ébola, formularios…) vense utilizando de maneira sistemática o monolingüismo castelán.

Así mesmo temos constancia de que en diferentes aplicativos informáticos de xestión de citas en atención especializada ou no propio Ianus, os menús e os campos están ao 100% en castelán sendo esa lingua a opción predeterminada a hora de realizar a impresión de informes e ademais a que figura de maneira predeterminada como opción sociolingüística para as interfaces e impresións desde os aplicativos SERGAS.

  • O artigo 5 do estatuto de Galiza dispón que “a lingua propia de Galicia é o galego
  • O artigo 4.1 da lei de normalización lingüística dispón que “o galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das institucións da Comunidade Autónoma, ...
  • A Circular nº 5/97 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, recolle a seguinte instrución: “Deberá empregarse o idioma galego en toda comunicación escrita, orixinal ou normalizada, que cause efectos no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia
  • O acordo parlamentario por unanimidade sobre o Plan Xeral de normalización da Lingua Galega no ámbito da sanidade sentencia que “O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia para que adopte no ámbito das súas competencias as medidas tendentes a que os seus cargos públicos e os dos organismos e entes autonómicos, sociedades públicas e institucións dela dependentes fagan uso público tanto oral como escrito de xeito sistemático da lingua galega no desempeño da súa responsabilidade pública; así mesmo as medidas conducentes ao mesmo nos concellos e deputacións de Galicia.”

Entre as medidas aprobadas no mencionado plan de normalización lingüística no ámbito da sanidade están:

5.3.1. Redactar en galego toda a documentación xerada pola Administración en calquera soporte e para calquera tipo de actividade , e revisar a existente.

5.3.2. Editar en galego todos os programas e manuais de uso dos equipos informáticos e de comunicación que sexan subministrados ou utilizados pola Administración sanitaria.

5.3.3. Establecer unha liña de axudas públicas destinadas a potenciar a presenza do galego nas publicacións científicas e de divulgación editadas en Galicia.

Desde a CIG-Saúde exiximos o cumprimento destas normas e disposicións e que deixen de darse pasos atrás na normalidade da nosa lingua na sanidade galega.

Tamén queremos sumarnos e animar a todas as persoas con sensibilidade cara a nosa lingua a que se sumen á grande manifestación que a Plataforma Queremos Galego, da que a CIG forma parte, ten convocada para o vindeiro día 8 de febreiro, con saída ás 12h desde a Alameda de Santiago.

QGpng

Por unha sanidade pública de calidade, digna e na nosa lingua.

Polas fillas dos nosos fillos. Queremos Galego!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto