Noticias Persoal Outras novas Información sobre a proposta de estabilización do persoal investigador
 
 

Información sobre a proposta de estabilización do persoal investigador

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

file8321343124526Na mesa sectorial convocada o pasado día 29/01/15 na que se abordou a creación das axencias de coñecemento en saúde, e a axencia de tecidos e órganos, a CIG-SAÚDE propuxo a creación dun grupo de traballo para negociar a estabilidade do persoal investigador. Desde a CIG-SAÚDE concretamos que a nosa proposta se materializaba en asinar un acordo, no ámbito da mesa sectorial, entre o SERGAS e as organizacións sindicais co obxectivo de que ao final deste proceso, e mediante un proceso de selección, o persoal investigador acadase a condición de persoal estatutario fixo.

Onte, día 19 de febreiro, desenvolveuse a 1ª reunión deste grupo de traballo, presidida pola Directora de Investigación e Innovación e dúas persoas representantes de RRHH.

Nesta reunión, a Directora de Innovación comentounos que ela era partidaria de que o persoal investigador se estabilizase mediante un réxime xurídico de persoal laboral. Que esta era a súa opción, aínda que, dentro da Consellaría de Sanidade e o SERGAS estábase a valorar a posibilidade de estabilizar o persoal con réxime xurídico de estatutario.

Como CIG-SAÚDE manifestamos:

  • A estabilidade de calquera colectivo dentro do SERGAS é competencia da Dirección de RRHH. O órgano de negociación para a creación da categoría de persoal investigador, e a súa estabilización mediante procesos selectivos, é a Mesa Sectorial de sanidade. Polo que este grupo de traballo tén que nacer de RRHH.
  • Non estamos a falar da axencia do coñecemento, nin do réxime xurídico que de futuro terá o persoal que a integre. O decreto da axencia aínda debe someterse ao ditame do Consello Consultivo.
  • O réxime xurídico do persoal do SERGAS é o estatutario, isto está recollido na Lei 8/2007 de Saúde de Galiza, e nos acordos de Mesa Sectorial. Por iso, estanse a facer ofertas de integración no réxime estatutario ao persoal laboral e funcionario.
  • Que o réxime laboral do persoal investigador pode ser o estatutario ven recollido na Lei 7/2007, de 12 de outubro, del Estatuto Básico do Empregado/a Público, e na Lei 14/2011

Por todo isto, a CIG-SAÚDE vai enviar un escrito dirixido ao Xerente do SERGAS e á Directora de RRHH esixindo a convocatoria do grupo de traballo de Mesa Sectorial para abordar a negociación da creación da categoría de persoal investigador e a convocatoria do proceso selectivo.

A Admón non pode escusarse agora en que na Mesa Sectorial celebrada o día 29/01/2015 non entendeu a proposta da CIG, pois curiosamente na convocatoria de reunión de mesa sectorial que nos envía o propio SERGAS o día 13/02/15, a documentación que a Admón adxunta é o acordo asinado na mesa sectorial no ano 2007, Plano de Provisión do Persoal Facultativo.

Sen máis dilación esiximos o cumprimento que a Admón. acadou na mesa sectorial.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto