Noticias Persoal Formación Exames EIR, MIR, FIR, PIR... unha chapuza máis dos gobernos PP
 
 

Exames EIR, MIR, FIR, PIR... unha chapuza máis dos gobernos PP

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

examen-mirA última chapuza propiciada polo goberno do PP ven sendo a nefasta corrección dos exames para acceder a prazas de residencia en formación levados a cabo o pasado día 31 de xaneiro. Miles de reclamacións se teñen presentado xa a esa corrección, ao veren numerosas persoas afectadas como o corrector automático cambiaba as súas respostas correctas por outras que non o son. Chapuza total. Desde o Ministerio anunciaron que revisarían as reclamacións, e ante a presión das persoas afectadas, indican que van revisar os máis de 20.000 exames realizados en todas as especialidades.

Desde a CIG-Saúde queremos chamar a atención unha vez máis pola absoluta falta de competencia destes gobernos, que nos levan a situacións como esta, onde miles de persoas se ven prexudicadas e angustiadas por non saber se van ou non obter praza para a formación en residencia. Inda que se revisen, como afirman, todos os exames, qué garantía terá unha persoa das que participou neses exames de que van estar ben corrixidos?

Isto pasa pola absoluta improvisación coa que se conciben as cousas desde a Administración PP. Non lles importa a Sanidade Pública, nin o persoal que a forma, nin o que a vai formar. Só lles importa a ganancia das empresas amigas. O resto, pódese facer de calquer xeito, improvisando e parcheando, que ben vale desde o seu punto de vista.

Rematemos dunha vez con estas situacións desastre! Rematemos con quen quere esquilmar e desmantelar a Sanidade Pública!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto