Noticias Persoal Contratacións Información Comisión Central de Seguimento do Pacto
 
 

Información Comisión Central de Seguimento do Pacto

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFORMACIÓN DA COMISIÓN CENTRAL DE SEGUIMENTO DO PACTO DE CONTRATACIÓNS DE 27 DE FEBREIRO DE 2015.

Infórmannos das previsións de publicacións para os próximos 2 meses de 2015.

  • Marzo:
    • Publicación das listas provisionais de baremación de Enfermeira/o, Matrón/a, Enfermeira/o do 061, Facultativo/a de área de psicoloxía clínica, Farmacéutico/a de atención primaria, Médico/a do traballo, Celador/a, cociñeiro/a, pinche, PSX, Técnico/a Auxiliar da Función Administrativa.
    • Publicación das listas definitivas de baremación de Técnico/a Superior en anatomía patolóxica e citoloxía, Técnico/a Superior en Dietética e Nutrición, Técnico/a Superior en documentación sanitaria, Técnico/a Superior en hixiene bucodental, Técnico/a Superior en imaxe para o diagnóstico clínico, Técnico/a Superior en laboratorio de diagnóstico clínico, Técnico/a Superior en radioterapia, Técnico/a en farmacia e Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría, enfermeira/o especialista en saúde mental e enfermeira/o especialista en enfermaría do traballo.
  • Abril:
    • Publicación das listas provisionais de baremación de Fisioterapeuta, Logopeda e Terapeuta ocupacional.
    • Publicación das listas definitivas de baremación de Pediatra de Atención Primaria, Médico/a de familia, Médico/a de urxencias hospitalarias, Enfermeira/o e Enfermeira/o Especialista en Obstetricia e Xinecoloxía.
    • Novas convocatorias:
      • Calefactor/a
      • Electricista
      • Fontaneiro/a
      • Mecánico/a
      • Condutor/a
      • Condutor/a de vehículos especiais

CIGSAUDElogo

Dende CIG-Saúde preguntamos para cando teñen pensado publicar as listas definitivas tras os recursos da categoría de enfermeira/o da convocatoria anterior, porque ían a publicarse as novas sen ter a convocatoria anterior pechada. Responderon que só lles queda un recurso por resolver e que en marzo se publicarán.
No referente á categoría de enfermeira/o especialista en saúde mental, a Admón aclara que ata agora seguía en vigor a lista de área especial de enfermería en saúde mental do ano 2009, para a cobertura das necesidades nas áreas de saúde mental dos distintos centros. Unha vez que se publiquen as listas definitivas de Enfermeira/o Especialista en Saúde Mental, poderanse cubrir as necesidades das áreas de saúde mental a través desta lista, quedando derrogada a lista de área especial de saúde mental antiga. É dicir, os centros serán os que decidan se as coberturas en saúde mental se fan a través da lista de Enfermeira/o ou pola lista de Enfermeira/o Especialista en Saúde Mental.
No referente á categoría de Condutor/a, o Sergas vai a desdobrar a categoría en dúas, a de condutor/a e a de condutor/a de vehículos especiais. Apórtannos o borrador da convocatoria e do baremo da nova categoría para presentar alegacións. Na categoría de condutor/a de vehículos especiais non vai a puntuar ningunha OPE, somentes os puntos do galego. Estas dúas categorías de Condutor/a van ser compatibles.

No punto no que se trataban as solicitudes de cambio de área, dende CIG-Saúde denunciamos que os cambios de área non teñen sentido se non se van a facer efectivos ata que haxa unha publicación de listas. No caso das enfermeiras temos persoas cun cambio de área autorizado en xuño de 2014 e que como non se publicaron aínda as listas definitivas tras os recursos de reposición, seguen figurando na área de orixe.

Dende CIG-Saúde denunciamos que nas categorías de TER e TEL algunhas xerencias están invitando a que renuncien aos contratos que lles toquen en “áreas especias” sen penalización ou que se expoñen a ser investigados se non saben utilizar un determinado aparato. Insistimos en que nestas categorías non existen esas áreas especiais (TAC, RMN, Banco de sangue...) e que a formación dos/as traballadores/as é obriga da empresa. O SERGAS ratificou que nesas categorías non hai esas áreas especiais e só quedou en falar coas xerencias de Santiago e Vigo.
Dende CIG-Saúde solicitamos que dende a Comisión Central partise un criterio común para todas as áreas de que no caso de rexeitamento dun contrato da lista xeral que implicase a incorporación inmediata, non se penalizase. A Admón non o aceptou.
Dende CIG-Saúde volvemos a reiterarnos en que as renuncias ás listas teñen que facerse por escrito ao igual que a inscrición. Segue habendo numerosas renuncias por erro. Entenden que non queren volver ao papel. Comentan que fixeron varias modificacións e que agora se precisan varias confirmacións. Quedaron en valorar con informática a posibilidade de facer a última confirmación diferida no tempo (por exemplo dous días despois) ou que se confirme a través dun enlace remitido ao correo electrónico.
Dende CIG-Saúde denunciamos que na área de O Barco cando esgotan as listas de áreas especiais non chaman á lista xeral, senon que chaman ás áreas limítrofes. Contestan que ese tema xa está aclarado e quedaron en que volverán falar coa Xerencia.
Dende CIG-Saúde denunciamos que en Galaria se contratou a unha empresa externa para cubrir a PSXs e Aux. Administrativos estatutarios, en lugar de chamar polas listas. Contestaron que xa falaran con Galaria e que non se ía a volver a producir.
Dende CIG-Saúde denunciamos que en Hemodiálise de Vigo, a unha aspirante que fixo o mes de formación práctica específica se ía a declarar non apta porque consideran que non era tempo suficiente. A Admón respostou que nalgunhas áreas se adaptou a duración de dita formación e que concretamente nesa área non houbo tal petición. Quedaron en falar co centro para que rectifiquen a decisión.
Dende CIG-Saúde solicitamos a aclaración do criterio acordado en Ourense de permitir na área de O Barco que os contratos inferiores a 2 meses de matrona se oferten a Promoción Interna cando a lista de quenda libre en O Barco estea esgotada. A Admón entende que dito acordo o permite a normativa do Pacto.

Dende CIG-Saúde solicitamos que a reserva de contrato de longa duración recollida no Pacto referente á maternidade e adopción, se estenda tamén ás IT relacionadas co embarazo. A Admón non o acepta, e adíanos á negociación do novo pacto.
Dende CIG-Saúde solicitamos que se permita a redución do número de titulares e reservas da lista pool da categoría de pinches de Ferrol, posto que foi remitido o acordo da Xunta de persoal antes da publicación das novas listas. A Admón aínda non recibira o escrito pero acepta incluír dita diminución.
Dende CIG-Saúde volvemos solicitar que nos aporten un listado das categorías da Xunta coas equivalencias co Sergas.
Dende CIG-Saúde solicitamos que se elaboren as listas de contratación temporal de FEAS e das categorías da Lei 17. A Admón responde que son temas que se deberán negociar no novo Pacto.
Dende CIG-Saúde solicitamos que se acorde o criterio de entender as substitucións de traballadoras en suspensión por risco laboral no embarazo de duración previsible igual ou superior a 3 meses, para poder ser ofertado aos/as titulares das listas de curta duración. Non o aceptan.
Dende CIG-Saúde aclaramos que a responsabilidade de comunicar a chamamentos do remate dun contrato non é do/a traballador/a, se non de RRHH. Solicitamos que remitan ás xerencias dita aclaración.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto