Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria Desigual seguimento na folga convocada no sector público, cunha incidencia que a CIG cifra no 50%
 
 

Desigual seguimento na folga convocada no sector público, cunha incidencia que a CIG cifra no 50%

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

mani862010As federacións da área pública lamentan o papel xogado por CCOO e UGT, que non convocaron sequera asembleas para informar ao persoal

As federación da área pública da CIG cifran o seguimento da folga convocada para hoxe en preto dun 50%. A folga foi secundada de forma desigual dependendo dos centros de traballo. Na administración, a maior incidencia tívoa nos grandes concellos, cunha participación que superou o 80%, mentres que na Sanidade foi menor por mor duns servizos mínimos que a CIG-Saúde xa denunciou por seren abusivos. No ensino, a folga foi secundada nalgúns centros por practicamente o 100% do profesorado mentres que noutros a incidencia foi moito menor. Salienta a participación activa do persoal das universidades galegas, que se achegou ao 100%.

A respecto de empresas de servizos con persoal equiparado en retribucions ao persoal publico, a CIG denuncia os abusivos servizos minimos, malia os que cómpre salientar a elevada participación dos empregados e empregadas dos servizos de limpeza equiparada ao persoal público nos hospitais.

 

Desde a CIG-Saúde denunciamos que os servizos mínimos decretados pola administración foron abusivos e que foron deseñados coa intención de minimizar a participación das traballadoras e traballadores deste sector no paro que, en todo caso, apoiaban a convocatoria.

 

Abuín sinala que “o goberno non pode darlle un mellor trato aos políticos, aos cargos de libre designación e a todas as súas asistencias técnicas, que aos seus profesionais” e lembra que a sanidade baséase no coñecemento, o que implica unha formación permanente e actualizada, tendo ao doente como único obxectivo da aplicación dese coñecemento”.

 

A secretaria nacional de CIG-Saúde lembra que o texto do decreto que aplicará a Xunta contempla, literalmente “unha redución do 4% en todas as reducións complementarias: complemento específico, carreira profesional, atención continuada, noites festivos e gardas”.

 

Porén, salienta que “o coñecemento e a penosidade do traballo a quendas, ou a realización de gardas, non se reduce no traballo diario que desenvolven as e os profesionais”.

 

Ante isto, Abuín denuncia a hipocrisía da conselleira de Sanidade, quen á saída do Consello Interterritorial asegurou que “para mellorar a xestión non fai falta reducir o soldo dos traballadores/as”. “Diante dos medios de comunicación di unha cousa pero logo aplica outra”. Xunto a isto, denuncia ademais que non se tivera convocado sequera a Mesa sectorial para explicar como se van aplicar as reducións previstas no caso concreto dos empregos e empregadas da sanidade pública galega.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto