Noticias Persoal OPE OPE 2015: A Consellaría e o goberno do PP non informan da letra pequena
 
 

OPE 2015: A Consellaría e o goberno do PP non informan da letra pequena

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Contan verdades a medias, que se convirten en grandes mentiras.

A finais do ano 2014, a Consellaría de Sanidade anunciou que para o ano 2015 a taxa de reposición pasaba do 10% ao 50%. O que non dixo é que esta taxa de reposición do 50% se ía calcular só sobre as vacantes que se xeraran no ano 2015.

E dicir, na OPE 2015 só se van convocar o 50% das prazas que ficaron vacantes este ano. Non se van convocar o 50% das prazas reais vacantes no SERGAS. O efecto real desta convocatoria é que na OPE 2015 só se van convocar menos do 10% das prazas vacantes reais.

                De onde saen as 344 prazas que anuncia o SERGAS para a OPE 2015? Das xubilacións deste ano:

Xubilacións persoal SERGAS ANO 2015

Persoal Sanitario Diplomatura/Grao

Persoal Formación Profesional

346

Persoal de Xestión e Servizos

190

FEAs

151

Total xubilacións

687

 

Convocatoria OPE SERGAS 2015. 344 PRAZAS

Vacantes 2015

Taxa de reposición

Prazas OPE

687

50%

344

 

 

 

 

 

Se o SERGAS convocase o 50% das prazas vacantes totais no SERGAS, estariamos a falar dunha convocatoria de máis de 2.000 prazas.

Cal e obxectivo que pretende cumprir a Consellaría de Sanidade e o goberno do PP con esta convocatoria de OPE?

  • Eliminar postos de traballo da Sanidade Pública.
  • Precarizar ao máximo as condicións laborais do persoal.
  • Impedir que todo o persoal consolide emprego.
  • Afondar nas privatizacións.

Non ten deixes enganar. CIG-SAÚDE exixe unha convocatoria de OPE e Traslados co 100% das prazas para todas as categorías.

Descarga e difunde!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto