Noticias Persoal Contratacións Apertura de prazo para listas de contratación persoal funcionario e laboral Xunta
 
 

Apertura de prazo para listas de contratación persoal funcionario e laboral Xunta

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A Dirección Xeral da Función Pública abre determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas. Entre as categorías que se ofertan, algunhas delas son:

Persoal laboral:
Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios.
Encargado/a agrario/a.
Titulado/a superior médico/a, médico/a xeriatra, médico/a CEI, médico/a adxunto/a, médico/a.
ATS, enfermeiro/a, practicante, DUE.
Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento.

Oficial 1ª cociña, oficial 1ª cociñeiro, xefe/a cociña, cociñeiro/a 1ª.
Oficial servizos técnicos, oficial 1ª mantemento, oficial 1ª oficios varios, oficial de primeira.
Auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a, auxiliar de enfermaría, coidador/a xeriátrico, coidador/a.
Oficial 2ª cociña, cociñeiro/a oficial 2ª.
Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento.

Persoal funcionario:
Escala de veterinarios.
Escala de profesores numerarios. Especialidade: procesos sanitarios.

As persoas interesadas poderán presentar solicitude de inclusión no período comprendido entre o 1 de marzo e o 15 de xullo de 2015

Máis información no DOG do 27 de febreiro de 2015 e en http://www.xunta.es/funcion-publica/contratacion-temporal/xeracion-de-solicitudes

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto