Noticias Persoal OPE Publicadas listas de aspirantes seleccionad@s da OPE de FEAs e MUH
 
 

Publicadas listas de aspirantes seleccionad@s da OPE de FEAs e MUH

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícanse hoxe no DOG as listas de baremación definitiva da fase de concurso e aspirantes seleccionad@s na OPE de Facultativo Especialista de Área e Médico de Urxencias Hospitalarias.

  • OPE FEAs: RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área, convocado pola Resolución do 30 de abril de 2013, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes definitivamente seleccionados/as. Descargar PDF
  • OPE MUH: RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de médico/a de urxencias hospitalarias, convocado pola Resolución do 30 de abril de 2013, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes definitivamente seleccionados/as. Descargar PDF

Coa publicación desta resolución ábrese o prazo dun mes para que os/as aspirantes definitivamente seleccionados presenten a documentación preceptiva exixida nas bases da convocatoria. Tal plazo iníciase o día 14 de marzo e finaliza o 13 de abril, ambos incluídos.

A documentación deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992 e irá dirixida á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto