Noticias Sanidade Privada Novas sobre a Sanidade Privada María Xosé Abuín: “Á Consellaría de Sanidade non lle importa a vida das persoas”
 
 

María Xosé Abuín: “Á Consellaría de Sanidade non lle importa a vida das persoas”

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

povisa

A CIG-Saúde exixe a inmediata intervención do SERGAS no conflito de Povisa para garantir unha sanidade de calidade e o dereito a unhas condicións de traballo dignas

A CIG-Saúde denuncia que a intransixencia de Povisa no conflito que está a manter polos despedimentos de 13 traballadores/as está avalada pola consellaría de Sanidade. María Xosé Abuín, secretaria nacional, asegura que “nin obriga á empresa a dar unha solución a este conflito, nin lle exixe que deixe de despedir persoal para manter unha ratio traballador doente que garanta unha boa calidade na asistencia”. Abuín acusa ao SERGAS de culpar á poboación e aos traballadores/as desta situación.

A secretaria nacional de CIG-Saúde denuncia que para a consellaría de Sanidade a única responsabilidade que ten o director de Povisa é aumentar os beneficios empresariais a cargo do concerto económico financiado con diñeiro público. “Todo isto pon de maAhv ZK2HnTXNc3YFyHMS 0WxAIDvOvnxJdJGxCdzdoiMnifesto que a única preocupación do PP en Galiza é seguir destruíndo emprego e mentirnos dicindo que se están a crear postos de traballo cando non son quen sequera de manter os actuais”.

No que se refire á asistencia sanitaria que se presta en Povisa “dálles igual a calidade porque avalan as políticas que a empresa exerce sobre os traballadores malia estas ser denunciadas polo comité de empresa con sentenzas xudiciais e actas da inspección de traballo ao seu favor”, explica.

A CIG-Saúde demanda, máis unha vez, a boa utilización dos cartos públicos, que se garanta o dereito de toda a poboación a unha sanidade de calidade e o dereito do persoal de Povisa a unhas condicións de traballo dignas, “todo o contrario do que entende a consellaría de Sanidade que se debe dar nun centro sanitario”.

Ante esta situación, a CIG-Saúde exixe da consellaría de Sanidade a súa inmediata intervención neste conflito porque “de non facelo o que está é posicionándose do lado dos intereses económicos de Povisa e non dos intereses sanitarios da poboación e dos laborais do persoal”.

María Xosé Abuín lembra que o persoal leva máis de unha semana en folga de fame sen que até o de agora “tivera unha mínima sensibilidade con isto. Pola contra aplican técnicas de tortura moi experimentadas para destruír o ser humano”.

A secretaria nacional da CIG-Saúde sinala ademais que logo de catro días intentando falar con algún responsábel da consellaría, no día de onte mantivo unha conversa co Secretario Xeral que se comprometeu a preguntarlle á delegada territorial en Vigo que estaba pasando. “Reiterou que este é un conflito laboral e comprometeuse a devolver a chamada na mañá de onte pero a día de hoxe seguimos agardando. Isto é o que lle importa a vida das persoas á consellaría de Sanidade”.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto