Noticias Persoal OPE IMPORTANTE: Previsións OPE e Traslados - Información SERGAS
 
 

IMPORTANTE: Previsións OPE e Traslados - Información SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

info importante web

Na Mesa Sectorial que inda se está a celebrar nestes momentos, o SERGAS transmitiunos a seguinte información respecto ás previsións dos procesos de OPE e Traslados en marcha:

OPE.

  • OPE 2015. Queren adiantar a publicación da oferta de emprego de 2015 para sumar parte das prazas a convocar ás OPE en curso. A publicación en DOG será inmediata, pero non dan data. Deste xeito, as OPE quedarían como segue:
  • OPE 2013 (Med. Familia e Enfermaría):
    • Despois da publicación da oferta de emprego 2015, vaise publicar unha resolución en DOG que incorpora ás prazas convocadas (125 de Enfermaría e 40 de Méd. de Familia) as prazas da OPE 2015 para esas categorías (80 de Enfermaría e 42 de Méd. de Familia), abríndose un novo prazo para as persoas que queiran rexistrar solicitude. As persoas que xa se inscribiran non teñen que facer ningunha nova documentación nin inscrición. Deste xeito, esta OPE en curso adxudicaría ao final 205 prazas de Enfermaría e 82 de Méd. de Familia.
    • A intención é que o exame sexa no 2015.
  • OPE 2014 (Varias categorías sanitarias: matrona, fisioterapeuta, logopeda, terapeuta ocupacional, TAP, hixienista dental, TER, TEL, tec. radioterapia, TCAE):
    • Está pendente de convocar. Ás prazas ofertadas do 2014 sumaranse as prazas desas categorías da OPE 2015 (6 de matrona, 6 de fisioterapeuta, e 60 de TCAE).
    • Convocarannos para a Comisión Técnica de preparación despois de Semana Santa.
  • OPE 2012 (FEAs e MUH):
    • A toma de posesión será en maio.
  • OPE 2015. Posteriormente convocarase unha OPE coa oferta de prazas das categorías que veñen no cadro que non se suman nin á OPE 2013 nin á OPE 2014 (das categorías de FEAs, Méd. 061, Odontólogo AP, TEF, Grupo Técnico Func. Adm, Tecnic@s PRL, Informátic@s, Traballador/a Social).

Cadro de prazas da OPE 2015.

TRASLADOS.

  • Traslados Persoal Sanitario: Publicarase en DOG o 27 de marzo a resolución cos destinos definitivos. O prazo de cesamento coincidiría coa Semana Santa, polo que vai ser ampliado, e iniciarase o martes 7 de abril. 
  • Traslados Persoal Non Sanitario: En abril publicarase a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as. Os destinos provisionais saberanse antes do verán e a resolución definitiva será despois do verán.

prazas2015

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto