Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria Resumo da reunión de hoxe co SERGAS sobre os recortes salariais
 
 

Resumo da reunión de hoxe co SERGAS sobre os recortes salariais

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Como xa saberedes hoxe estabamos convocados a unha reunión no Sergas, na cal nos ían informar da aplicación dos descontos ao persoal do Sergas, en aplicación do Real Decreto Lei 8/2010.

 

O que queda claro é que de NEGOCIACIÓN nada de nada, o Sergas son uns “mandados” que vanse limitar única e exclusivamente a acatar o que regule Función Pública, e que con respecto ás retribucións complementarias consiste no seguinte:

 

  • Desconto do 4% en tódalas retribucións complementarias(Complemento Específico, Atención Continuada, Carreira e CPV)

 

Para as Agrupacións profesionais(antigo grupo E), segundo indican, van a aplicar o que xa contempla o Real Decreto Lei de aplicarlles só un desconto do 1%, aínda que indican que iso o fan porque queren xa que o que contempla o Real Decreto Lei nese artigo non é norma básica.

 

Como CIG-Saúde indicamos que non compartiamos as medidas e rexeitamos de forma categórica as mesmas, esixindo tamén a convocatoria inmediata dunha MESA DE NEGOCIACIÓN, xa que pensabamos que tiñamos marxe para poder negociar no ámbito do Sergas os descontos nas retribucións complementarias, indicaron que eles non van negociar nada e que o único que van facer é convocar unha nova xuntanza para volver a informarnos cando teñan máis avanzado o traballo para a Orde de nóminas para o persoal do Sergas.

  

Despachámonos a gusto(a única satisfacción que puidemos ter) e desde CIG-Saúde cualificamos as medidas de indecentes e inxustas , pero está claro que por un oído lles entra e polo outro lles sae, nin puñetero caso nos fixeron.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto