Noticias Persoal OPE Sabes cantas prazas vacantes hai no SERGAS que non se van convocar na OPE?
 
 

Sabes cantas prazas vacantes hai no SERGAS que non se van convocar na OPE?

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O SERGAS anunciou coma se fora algo do outro mundo a publicación da OPE 2015, da cal unha parte das prazas van ser sumadas ás das OPE previamente publicadas. Así, o resultado das sumas sería este para as convocatorias que se van desenvolver este ano:

CATEGORÍAS

OPE 2013

OPE 2014

OPE 2015

TOTAL

Médica/o de Familia

40 prazas

 

42 prazas

82 prazas

Enfermeira /o

125 prazas

 

80 prazas

205 prazas

Matrón/a

 

7 prazas

6 prazas

13 prazas

Fisioterapeuta

 

5 prazas

6 prazas

11 prazas

TCAE

 

64 prazas

60 prazas

124 prazas

E quedarían para unha convocatoria posterior as irrisorias 150 prazas de FEAs, TEF e as poucas categorías de Xestión e Servizos que tiveron a ben incluír nesta oferta 2015.

Fagamos cálculos:

  • No período 2013-2015 convócanse 406 prazas de diplomados/as sanitarios/as e de persoal sanitario de formación profesional. As vacantes producidas deste persoal e neste período foron un total de 1520. Faltan 1114 prazas por convocar.
  • No período 2012-2015 convócanse 342 prazas de FEAs, o número de prazas vacantes neste período é de 906 prazas. Faltan por convocar 582 prazas.
  • Para persoal de Xestión é Servizos ofértanse na OPE 2015 40 prazas, o número de vacantes producidas desde o ano 2012 é de 1059 prazas. Faltan por convocar 1019 prazas.

Estes datos non os inventamos nós, son os recollidos nos planos de ordenación de RRHH 2012 e 2013 publicados polo SERGAS. Así que faltan por convocar 2715 prazas vacantes!

É dicir, segundo os cálculos que podedes ver, de se convocar unha OPE co número total de prazas vacantes, a oferta sería de 3327 prazas.

Non te deixes enganar!

Exiximos a convocatoria do 100% de prazas para todas as categorías!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto