Noticias Persoal Traslados Publicados os destinos definitivos do concurso de traslados de persoal sanitario
 
 

Publicados os destinos definitivos do concurso de traslados de persoal sanitario

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

TRASLADOS SERGASPublícanse hoxe no DOG as resolucións que dan publicidade aos destinos definitivos logo do concurso de traslados de persoal sanitario:

  • Concurso de Traslados, destinos definitivos persoal licenciado sanitario. RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario, convocado pola Resolución do 8 de xaneiro de 2014. Descargar PDF
  • Concurso de Traslados, destinos definitivos persoal sanitario diplomado e de formación profesional. RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se resolve, con carácter definitivo, o concurso de traslados para a provisión de diversas prazas básicas de persoal sanitario diplomado e de formación profesional, convocado por Resolución do 8 de xaneiro de 2014. Descargar PDF

Tal como se recolle nas propias resolucións a data de cesamento será o día 7 de abril. A toma de posesión da nova praza deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e a adxudicada son da mesma área de saúde; no prazo de quince días hábiles se as prazas son de distinta área de saúde dentro do Servizo Galego de Saúde, ou no prazo dun mes se a praza desempeñada corresponde a outro servizo de saúde.

Máis información sobre incorporacións e cesamentos nas instrucións facilitadas polo SERGAS.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto