Noticias Persoal Outras novas QUE AGOCHA O SERGAS detrás da creación dunha categoría única de área que unifique as dúas actuais de Pediatría de primaria e de hospitalaria?
 
 

QUE AGOCHA O SERGAS detrás da creación dunha categoría única de área que unifique as dúas actuais de Pediatría de primaria e de hospitalaria?

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Na próxima OPE non sairán prazas de FEA de pediatría. A razón que alegou o SERGAS é a súa intención de unificar as categorías profesionais de Pediatría de Atención Primaria e de FEAs de Pediatría.

Na actualidade existen dúas categorías profesionais de pediatra, co seu correspondente código identificativo na Orde de Confección de Nóminas. Nas OPEs e nos concursos de traslados ata agora convocábanse diferenciadas as prazas de pediatra, e o persoal solicitaba hospital ou centro de saúde, e dentro do centro de saúde quenda de mañá, tarde ou deslizante.

Qué pretenden creando a categoría de pediatra da EOXI? Crear unha única categoría con nomeamento de pediatra de área que a criterio da xerencia preste servizo indistintamente en atención primaria e hospitalaria?

Van permitir que pediatras que aprobaron a súa praza nunha OPE de primaria ou hospitalaria podan optar a un concurso de traslados que inclúa hospitais e centros de atención primaria?

Ou simplemente queren ter o control sobre os/as pediatras que se van incorporar ao sistema nos próximos anos?

Cómo? Obrigando a pediatras de atención primaria a realizar gardas hospitalarias, como xa veñen facendo con algúns contratos eventuais? Movendo as/os pediatras dun hospital da área a outro, de Atención Primaria ao hospital ou de hospital a Atención Primaria segundo as decisión de xefes de servizo e xerentes?

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto