Noticias Persoal Contratacións Publicadas listas definitivas de contratación de varias categorías (técnic@s, TCAE, Enf. Especialista)
 
 

Publicadas listas definitivas de contratación de varias categorías (técnic@s, TCAE, Enf. Especialista)

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

listas sergas

 Publícanse no DOG as resolucións seguintes:

  • RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias (técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a superior en documentación sanitaria, técnico/a superior en dietética e nutrición, técnico/a en farmacia e técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría). Descargar PDF
  • RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais nas categorías de enfermeiro/a especialista de saúde mental e enfermeiro/a especialista do traballo. Descargar PDF

Contra estas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir de mañá.

As listas entrarán en vigor con efectos do 7 de abril de 2015.
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto