Noticias Persoal Diplomad@s Sanitari@s Información da Comisión Técnica Especialidades Enfermaría
 
 

Información da Comisión Técnica Especialidades Enfermaría

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

agrup enferm positivo cor

Información da reunión da Comisión Técnica sobre Especialidades de Enfermaría que tivo lugar o pasado 31 de marzo:

Ao comezo da reunión maniféstanos a Administración que o documento de traballo presentado no mes de xuño tería que ser modificado, xa que o dia 06/08/2014 publicouse o RD 639/2014 sobre troncalidade e en dito decreto na disposición adicional 4ª, apartado 2º di que o acceso será a través de proceso selectivo ou de provisión. Isto presentaría impedimento legal para impulsar un sistema extraordinario de acceso á categoría e prazas de persoal especialista, aberto ao colectivo enfermeiro, con vinculo de fixeza, que desempeñe no Servizo Galego de Saúde as función propias dunha especialidade e acredite o título da correspondente especialidade.

O documento de traballo tamén pode verse modificado por outra circunstancia: no penúltimo Consello de Ministros (13/03/2015) déuselle luz verde a un RD que regulará o catalogo de equivalencias de categorías do persoal sanitario (publicado xa en BOE o día 7 de abril).

Barállase a posibilidade de que a través da proposta de itinerarios profesionais incorporada na última mesa sectorial, se poda chegar a consenso en quenda de acceso específico.

Feita a introdución, pasouse a unha quenda de intervencións nas que desde a CIG seguimos a manter con rotundidade que non aceptaremos especialidades de segunda, que o nivel ten que ser o 23 igual que as especialidades actuais (Matronas e Saúde Mental), defendemos que o orzamento seguiría equilibrado xa que a diferenza retributiva con respecto a enfermaría xeneralista sería facilmente compensable co aforro que supón deixar de pagar o complemento de carreira profesional ás enfermeiras que se xubilan. O novo Conselleiro de Facenda, Valeriano, seica non traga con iso e seguen teimando con reducir o nivel o 22 para todas as especialidades, agás Matronas, quedando as traballadoras en praza de especialidade actual co recoñecemento do nivel 23 ata que se xubilen.

Defendemos o decreto de creación de prazas de enfermaría especialista ben a modo xenérico ou individualmente cada unha delas. Pedimos un cronograma de implantación e a identificación das prazas que vaian saír paulatinamente, co fin de poder avaliar mellor o impacto do decreto sobre as listas de contratación e sobre as enfermeiras xeneralistas en situación de desemprego.

Pedimos un acceso extraordinario ás prazas para todas as/os enfermeiras/os que traballen con vínculo de fixeza e teñan a especialidade correspondente, válenos a fórmula extraordinaria que contempla o D.206 sobre concurso.

Respecto das listas de contratación debemos de buscar fórmulas no novo pacto para que poidan participar xeneralistas e especialistas .

Prantexamos tamén a difícil situación na que se van atopar as enfermeiras xeneralistas en paro se a creación de prazas se fai moi estanca, e prantexamos a posibilidade dunha maneira excepcional de acceso á especialidade que habería que negociar co Ministerio de Educación.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto