Noticias Persoal Outras novas O persoal da sanidade pública é persoal da Administración Pública con dereito só a recortes???
 
 

O persoal da sanidade pública é persoal da Administración Pública con dereito só a recortes???

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

TRABALLADORAS/ES DA SANIDADE PÚBLICA = TRABALLADORAS/ES DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA CON DEREITO SÓ A RECORTES

O persoal estatutario ten a consideración legal de persoal funcionario de carreira, e o Estatuto Básico do Empregado Público recolle “cada vez que este estatuto faga mención ao persoal funcionario de carreira entenderase comprendido o persoal estatutario dos Servizos de Saúde”. Mais cando se trata de lexislar na Xunta de Galiza, esta Administración do PP só nos considera funcionarios/as de carreira para aplicarnos os recortes.

As condicións máis vantaxosas que se negocian en Función Pública non nos son de aplicación, e no SERGAS non se negocian, pois segundo a nosa ilustre Conselleira o persoal do SERGAS só se computa coma gasto, o noso traballo non ten valor.

Exemplos disto que dicimos son:

 

PERSOAL DE FUNCIÓN PÚBLICA

PERSOAL DO SERGAS

Incapacidade Temporal

Os 3 primeiros días pódense xustificar con xustificante médico, e non provocan redución salarial

Desconto do 50% desde o 1º día de ausencia

Ausencias non xustificadas

4 días de ausencia ao longo do ano natural, dos cales 3 poderán ter lugar en días consecutivos

Non existe o dereito a días de ausencia sen desconto salarial

Computo de Xornada

Cómputo diario de 10 min. de xornada efectiva, para incorporarse ao seu posto

Non se computa como xornada o tempo empregado en dar o relevo, cun promedio de 20-30 min.

Horario de Verán

Redución de unha hora de xornada diaria desde o 15 de xuño ao 15 de Setembro

Non hai horario de verán

Días de especial significación

24 e 31 de decembro contan como días festivos (non hábiles)

24 e 31 de decembro teñen consideración de días laborais

 

 

 

 

 

 

 

 

          

Desde CIG-SAÚDE esiximos o mesmo tratamento na nosa xornada e na consideración da I.T que o resto de empregadas/os públicas/os

NON MÁIS RECORTES!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto