Noticias Persoal Contratacións A precariedade na contratación de FEAs, un problema endémico
 
 

A precariedade na contratación de FEAs, un problema endémico

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig globoSegundo se recolle no pacto que regula o sistema de selección temporal, acordado na Mesa Sectorial do SERGAS, e publicado no DOG en maio de 2012, no seu punto 1.2. Ámbito de aplicación, a selección de persoal licenciado sanitario efectuarase por lista conforme ao baremo publicado.

Neste mesmo punto regúlase a contratación de qué categorías de persoal licenciado sanitario se realizará por este sistema: Pediatras de Atención Primaria, Odontólogas/os, Psicólogas/os Clínicas/os, Farmacéuticas/os.... sinalando que outras categorías distintas ás indicadas, requirirán o acordo da Comisión Central de seguimento do pacto.

Malia existir este acordo, a Consellaría de Sanidade négase a negociar un sistema de contratacións de FEAs, o que implica que os contratos de especialistas hospitalarias/os dependan de decisións arbitrarias, e non dun sistema baseado nos principios de igualdade, mérito e capacidade.

Non existe ningún sistema regrado para os contratos de curta duración, a decisión de a quen contratar recae directamente en xefes de servizo e xerencias. No caso dos contratos de longa duración, un sistema que presume de obxectivo, pero no que na práctica a entrevista persoal ten un peso determinante, tamén fai recaer a decisión de a quen contratar en xefes de servizo e xerencias.

Coa chegada do PP ao goberno, e á Consellaría de Sanidade, volveuse atrás no modelo de contratación, e as/os FEAs perderon o acordo de estabilidade do 2006, polo que agora encadean contratos de acumulación de tarefas de xeito indefinido, sen transformalos en contratos de longa duración, como sería obrigatorio facer. O seu mantemento no tempo é a demostración de que son prazas imprescindibles, que deben ser orzamentadas, e convocadas nos procesos de OPE para dar estabilidade laboral. A precariedade non pode seguir sendo a máxima na contratación.

No momento actual, coa política xeral do SERGAS, de precariedade na contratación, o retroceso nos dereitos laborais de FEAs eventuais é un feito, aumentando o número de contratos por gardas, e aparecendo xa os contratos só para gardas localizadas.

DENDE A CIG EXIXIMOS:

  • A posta en funcionamento de listas de contratación de FEAs, proxecto sempre adiado pola oposición de xefes de servizo, que queren seguir tendo o poder de decidir a quen contratar e a quen non.
  • Converter en prazas de cadro as ocupadas por FEAs que encadeen contratos durante máis dun ano. Isto xa se fixo no ano 2006 por acordo na Mesa Sectorial do SERGAS.
  • A contratación debe atender á causa que motiva o contrato: substitución nominal (IT, prestacións de maternidade, risco de embarazo…), interinidade (cobertura dunha xubilación, praza libre tras o concurso de traslados…)
  • Convocar a OPE o 100% das prazas, e non estas OPEs de miseria coas que o SERGAS quere lavar a cara. Eliminación da taxa de reposición.
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto