Noticias Persoal Outras novas A CIG-Saúde exixe a estabilidade real do persoal investigador
 
 

A CIG-Saúde exixe a estabilidade real do persoal investigador

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

file8321343124526Desde a CIG-Saúde vimos de remitir as nosas alegacións ao documento borrador de estabilidade do persoal investigador, xunto cun documento elaborado polo propio persoal investigador, no que se recollen argumentos variados da oportunidade e necesidade de que este persoal sexa estabilizado con vínculo estatutario. Rexeitamos que o rexime de vinculación deste persoal sexa o laboral, posto que esta modalidade contractual non garante a estabilidade, grazas ás reformas laborais perpetradas polos gobernos neoliberais que vimos padecendo.  

Exiximos da Consellaría de Sanidade que se de verdade aposta pola investigación e por un futuro de coñecemento, se de verdade a súa aposta é no I+D+i, garanta que o persoal investigador, que xa ten demostrada a súa capacidade e valía, conte cunha situación de estabilidade profesional que fomente a motivación para uns mellores resultados.

Documentación:

Alegacións da CIG-Saúde remitidas ao SERGAS.

Documento elaborado polo persoal investigador.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto