Noticias Persoal Xornada, permisos e licenzas A Consellaría de Sanidade recorta a maiores os permisos do persoal do SERGAS, xa recortados para o conxunto do persoal público
 
 

A Consellaría de Sanidade recorta a maiores os permisos do persoal do SERGAS, xa recortados para o conxunto do persoal público

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A CONSELLARÍA DE SANIDADE RECORTA A MAIORES

OS PERMISOS DO PERSOAL DO SERGAS,

XA RECORTADOS PARA O CONXUNTO DAS/OS TRABALLADORAS/ES PÚBLICOS

Onte día 28 de abril o goberno aprobou, en solitario, a súa chamada Lei do Emprego Público de Galiza. O único certo do nome é que é unha Lei, aprobada, iso si, co rolo do PP. Esta Lei foi rexeitada pola CIG por entender que o único que pretende é deteriorar as condicións laborais e eliminar postos de traballo, dar unha maior participación á creación de novos entes, coloquialmente chamados “chiringuitos”, ou poder colocar ao fronte dos mesmos persoas alleas á Administración Pública mediante contratos de alta dirección.

feijoorecortador dereitos laboraisEsta Lei non aposta por uns servizos públicos de calidade, nin por unha Administración transparente, os servizos públicos quedan nunha segunda orde, fronte aos intereses privados.

Ademais, o trato que se da ao persoal estatutario nesta Lei é discriminatorio fronte ao resto dos/as empregadas/os públicos. Isto sempre co consentimento, OU A PETICIÓN, da Consellaría de Sanidade. Só unha das múltiples alegacións presentadas pola CIG-SAÚDE foi aceptada, isto si despois de un longo traballo de denuncia.

O Estatuto Básico do Empregado Público, que tamén é de aplicación ao persoal estatutario, recolle no seu artigo 48.- Permisos, que por accidente ou enfermidade grave ou falecemento de familiares, o persoal terá dereito a 3 días hábiles dentro da localidade e 5 días cando sexa en distinta localidade.

A Consellaría de Sanidade pretendía incluír na Lei de Emprego que ao persoal estatuario se lle aplicase o criterio de área sanitaria e non o de localidade. Unha nova discriminación. Coma se a nosa dor, ou as necesidades de coidar a un familiar enfermo grave fosen inferiores ao resto das/os empregadas /os públicos. Roubar dous días ao persoal do SERGAS debe ser un mérito para colocar no seu currículo.

Despois da presión exercida pola CIG-SAÚDE a Consellaría de Sanidade cedeu e, introduciu na Lei de emprego a seguinte disposición adicional:

Disposición adicionalrocio mosquera 3 primeira. Definicións

c) Localidade, o correspondente termo municipal. Exceptúase o caso do persoal estatutario, para o cal esta expresión enténdese que fai referencia á correspondente área de saúde, agás no caso dos permisos por falecemento, accidente ou enfermidade graves, hospitalización ou intervención cirúrxica de familiar, no cal se aplicará o réxime xeral previsto no primeiro inciso desta alínea.

Como se pode comprobar só o aplican nestes supostos, para todo o demais, a partir da publicación desta lei seguirase considerando a área como localidade, só para o persoal estatutario. E nin sequera tiveron a decencia de incluír esta redacción no texto articulado da Lei, no artigo de permisos, ese que é de aplicación as/os empregados públicos, exceptuando, unha vez máis ao persoal estatutario.

Esta Lei entrará en vigor ao mes seguinte da publicación no DOG.

Desde CIG-SAÚDE non imos renunciar a que o persoal estatutario teña os mesmos dereitos que o resto de empregadas/os Públicos. Non podemos consentir que a Conselleira de Sanidade faga méritos a conta nosa. Temos obrigas, e desenvolvemos un traballo de calidade que fai posible a supervivencia do Sistema Sanitario Público. Temos dereito a ser respectadas coma persoas na nosa dor, ou nas nosas necesidades familiares.

Descarga e difunde!

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto