Noticias Persoal OPE Ampliación de prazas da OPE de Médico/a de Familia e Enfermaría
 
 

Ampliación de prazas da OPE de Médico/a de Familia e Enfermaría

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFO OPEPublícanse hoxe no DOG as resolucións de ampliación do número de prazas do concurso-oposición das categorías de médico/a de familia e enfermeiro/a, convocado por Resolución do 10 de decembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 242, do 18 de decembro) acumulando as aprobadas no Decreto de oferta de emprego público de 2015.

  • Ampliación prazas OPE 2013 Médico/a de Familia. RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se modifica a Resolución do 10 de decembro de 2014, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, ampliando o número de prazas convocadas. Descargar PDF
  • Ampliación prazas OPE 2013 Enfermaría. RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se modifica a Resolución do 10 de decembro de 2014, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, ampliando o número de prazas convocadas. Descargar PDF

Coa publicación desta Resolución reabrirase o prazo dun mes para a presentación de solicitudes de participación (desde o 5 de maio ata o 4 de xuño, ambos incluidos).

Aquelas persoas aspirantes que tivesen presentado a súa solicitude de participación neste proceso no período inicial comprendido entre o 19 de decembro de 2014 e o 30 de xaneiro de 2015, non terán que presentar nova instancia de participación nin achegar ningunha documentación. Os méritos a ter en conta na fase de concurso valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, é dicir, 17 de decembro de 2014.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto