Noticias Persoal Outras novas Non permitas que che sigan roubando! Actúa!
 
 

Non permitas que che sigan roubando! Actúa!

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

PAREMOS ESTE ATRACO!

RECUPEREMOS O ROUBADO! 

No ano 2009 a Conselleira de Sanidade comunica na Mesa Sectorial do SERGAS a decisión do goberno do PP de suspender todos acordos retributivos do persoal do SERGAS. O seu argumento baseábase en que había que ser solidarios cos 3 millóns de parados que existían nese momento.

Os recortes salariais e o paro foron incrementándose paralelamente. Máis recortes salariais = maior número de desempregados/as, chegando a 6 millóns de persoas no desemprego, maior pobreza infantil, maiores desigualdades sociais.

                PARA INCREMENTAR O SEU LUCRO :

Deixáronnos sen carreira profesional. O persoal de xestión é Servizos ten pendente o 4º grao da carreira extraordinaria. Para o resto de traballadoras/es o SERGAS négase a falar da carreira ordinaria.

Deixáronnos sen o acordo retributivo 2009/12. Anularon o incremento salarial para todas as categorías. Suspenderon o incremento salarial correspondente á atención continuada: noites, domingos e festivos, gardas...

Recortáronnos a paga extra, deixándonos sen complemento específico, cando a Lei de Orzamentos do estado si o contempla. Para incrementar os recortes salariais si que exercen de goberno galego.

Queren recortar o complemento específico das prazas de enfermeiras/os especialistas. Din que van a crear estas prazas baixándolles o salario actual.

Temos que recuperar os nosos salarios roubados. Roubados coa escusa de que xa cobrabamos moito, e que os acordos asinados foron acordos inxustificados. Quen cobra moito? Canto cobra a Conselleira?

As/os Traballadoras/es da Sanidade Pública somos conscientes de que o noso traballo é o que mantén a flote o Sistema Público. A pesares dos múltiples recortes seguimos a prestar un servizo de calidade. Polo que estamos máis que lexitimados para recuperar o que nos roubaron.

NON IMOS RENUNCIAR a recuperar a Carreira profesional para todo o persoal do SERGAS, incluído o persoal interino, a recuperar os incrementos retributivos do acordo 2009/12, ás pagas extras completas, a que as prazas de enfermeira/o especialista se retribuían co complemento que lles corresponde!

 

NON LLES PERMITAS QUE CHE SIGAN ROUBANDO. ACTÚA!

 

banner EESS membrete

 

Descarga e difunde!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto