Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria A CIG-Saúde considera inadmisíbel que a conselleira de Sanidade volva culpar do peche de camas ás vacacións do persoal
 
 

A CIG-Saúde considera inadmisíbel que a conselleira de Sanidade volva culpar do peche de camas ás vacacións do persoal

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
María Xosé Abuín: “En vez de pechar as camas que pechen a consellaría polo tempo que queda até as próximas eleccións”
 
A CIG-Saúde denuncia o empeño da consellaría de Sanidade e o goberno do PP de vincular o peche de máis de 1.200 camas durante o verán coas vacacións ás que o persoal do SERGAS ten dereito. “O peche de camas é unha medida política que afonda no desmantelamento da sanidade pública. O único que se consegue é paralizar, durante catro meses, a asistencia sanitaria pública, que é o seu obxectivo, facilitando a derivación de doentes á sanidade privada”, afirma a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín.
14-05-21_DeitadaAbenteyLago_007A CIG-Saúde denuncia que o peche de camas ten consecuencias no eido asistencial e no eido laboral. Abuín explica que, no eido asistencial, provoca un incremento das listas de espera o que obrigará a derivar a doentes á sanidade privada para cumprir a Lei de Garantías. “A lei di que as e os doentes teñen que ser atendidos en 60 días para intervencións cirúrxicas e en 45 para consultas ou probas diagnósticas. A imposibilidade de cumprir eses  tempos na sanidade pública favorecerá a súa derivación á privada, que é onde serán atendidos/as. Ese é precisamente o seu obxectivo político, afondar no desmantelamento da sanidade pública”.

No eido laboral a CIG-Saúde denuncia que o que se incrementa é o desemprego porque estas camas pechadas inciden tamén no desmantelamento do emprego público. “As camas pechan  catro meses, ou máis en algún caso, pero o persoal só ten 30 días de vacacións. O resto fas de corre quendas e cobres os/as compañeiros/as doutras unidades que se van de vacacións impedindo o acceso ao emprego doutros traballadores/as que están inscritos nas listas de contratación”, denuncia Abuín.

A secretaria nacional da CIG-Saúde chama a atención sobre a situación laboral no sector e denuncia o elevado nivel de desemprego. “Estas políticas laborais son intolerábeis, porque así o que lle queda ás e aos profesionais que están nas listaxes de contratación é emigrar”.

Segundo os datos que ten a CIG-Saúde neste intre hai máis 7.000 enfermeiras/os inscritas/os nas listaxes de contratación e no pico máis alto de contratación traballan un 23,27%. Xunto a isto hai case 6.000 auxiliares de enfermería das/os que só traballan o 21,45%; máis de máis 5.300 celadoras/es anotadas/os e só traballan o 11,72%; máis de 3.000 de persoal de servizos xerais e traballa o 3,80%, e máis de 1.000 técnicas/os de laboratorio das/os que só traballa o 9%.

“Poderiamos seguir enumerando máis casos, como é o do persoal facultativo de atención especializada, cun alto índice de precariedade laboral, pero non podemos facilitar datos porque o SERGAS négase a negociar un pacto de contratacións para este persoal e así se oculta a súa situación”, denuncia Abuín.

Ante esta situación a secretaria nacional da CIG-Saúde reitera que “o peche de camas non é responsabilidade do persoal, senón da política de privatización e de desmantelamento do sistema público deste goberno”. Conclúe exixindo que “asuman por unha vez a súa responsabilidade de xestores e que se vaian de vacacións permanentes. En vez de pechar as camas que pechen a consellaría polo tempo que queda ate as próximas eleccións”.

A noticia en Avantar

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto