Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria CIG-Saúde convoca concentracións nas distintas áreas sanitarias contra o peche de camas e o desmantelamento da sanidade pública
 
 

CIG-Saúde convoca concentracións nas distintas áreas sanitarias contra o peche de camas e o desmantelamento da sanidade pública

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Denuncia as consecuencias para a calidade asistencial e para o emprego na sanidade pública mentres se favorece o negocio da privada
 
A CIG-Saúde convoca para mañá mércores, día 10 de xuño, entre as 11:00 e as 12:00 horas concentracións nas distintas áreas sanitarias de Galiza para denunciar o peche de máis de 1.200 camas durante o verán, o peche de quirófanos e a paralización da actividade, mentres se mantén ou incrementa na sanidade privada. Xunto a isto, alerta da destrución de emprego público e da precarización das condicións laborais no sector que isto provocará.

A CIG-Saúde acusa á conselleira de Sanidade de “irresponsábel” por pretender culpabilizar ás traballadoras e traballadores do SERGAS ao afirmar que o peche de camas se debe ás vacacións do persoal.

Lonxe disto, a CIG-Saúde afirma que “o peche de camas non está motivado polos 30 días de vacacións do persoal” e asegura que “é unha decisión do PP para incrementar o desmantelamento da sanidade pública”.

De feito, explica que mentres miles de aspirantes agardan meses ata que se actualizan as listas de contratación, o SERGAS pecha centos de camas no verán, mobilizando persoal fixo a outros servizos para substituír as ausencias por vacacións. “Con isto colápsanse as urxencias e aumentan as listas de espera mentres miles de profesionais están no paro”.

 O SERGAS deriva á sanidade privada

Para a CIG-Saúde é especialmente preocupante o que suporá no eido asistencial o peche de camas. “Implicará que a Lei de Garantías non se poida cumprir na Sanidade Pública, xa que esta lei recolle que a espera para unha intervención cirúrxica sexa de, como máximo, 60 días e co peche de camas será imposíbel garantir a atención ás e os doentes nese prazo”.

A CIG-Saúde alerta de que a Consellaría de Sanidade o que pretende realmente co peche de camas é provocar a derivación de doentes á sanidade privada. Lembra que xa no seu momento denunciou que na Lei de Garantías se recolle que de non cumprirse os prazos previstos na sanidade pública a atención sanitaria será realizada na sanidade privada.

Tal é así que mentres pechan camas nos hospitais públicos mantense e mesmo se incrementa, durante ese período, a actividade na privada, desde a actividade cirúrxica até a realización de probas diagnósticas.

Estes son, para a CIG-Saúde, os verdadeiros motivos do peche de camas e da paralización da actividade nos hospitais públicos. De feito, as consecuencias para o emprego serán como quedan reflectidas neste gráfico:

DESTRUCIÓN DE EMPREGO PÚBLICO

INCREMENTAN A PREDARIEDADE LABORAL

Categoría profesional

Persoas inscritas nas listas de contratacións

% de contratación

Persoas traballando

Enfermeiras/os

7.021 persoas

23.27%

Celadoras/es

5.323. persoas

11.72 %

PSX

3.335 persoas

3.80 %

Con este motivo convócanse concentracións mañá mércores, día 10 de xuño en:

Horarios e lugares das concentracións:

OURENSE: 11h Entrada principal CHUOU

O BARCO: 11.30h Entrada principal HCV

LUGO: 11.30h Entrada principal HULA

BURELA: 11.30h Entrada principal Hospital da Costa

MONFORTE: 11h Entrada principal Hospital Comarcal

VIGO: 11h Diante de Urxencias do Hospital Xeral

PONTEVEDRA: 11.30h Entrada principal H. Montecelo

SANTIAGO: 12h Entrada principal H. Clínico

A CORUÑA: 11h Diante do Hotel de Doentes

A noticia en Avantar

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto