Noticias Persoal Contratacións Información completa da Comisión Central de Seguimento do Pacto
 
 

Información completa da Comisión Central de Seguimento do Pacto

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Información xeral do pacto.

Infórmannos das previsións de publicacións para este trimestre.

  • Martes 23 de xuño: listas provisionais de admitidos/excluídos e provisionais de baremación de Técnico/a Superior e técnico/a grao medio de PRL e Traballador/a social.
  • Semana do 23 ao 26 de xuño:
    • Apertura da primeira inscrición de calefactor, mecánico, electricista e fontaneiro.
    • Para a semana publicarán as listas definitivas tras recursos de médicos de familia.
  • Xullo: listas definitivas de fisioterapeutas, logopedas e terapeutas ocupacionais.
  • Condutor queda para setembro. Non poden sacar condutor de vehículos especiais como categoría, porque é un posto de traballo. Teñen que modificar a folla de inscrición do FIDES e así condutor devehículos especiais será unha sublista dentro da categoría de condutor.
  • Lavandeira e pasadora de ferro quedan para despois do verán.
  • En outubro farase unha actualización automática das listas definitivas publicadas a día de hoxe.

Recordóuselle á Administración o acordo de que para a cobertura de condutores do CTG se chamará  primeiro á lista do CTG, e unha vez estea esgotada esta lista, chamarase con carácter subsidiario pola lista de condutores do Sergas a aqueles/as aspirantes que reúnen os requisitos do carné de conducir.
Dende CIG-Saúde denunciamos que en Burela se está a permitir que os/as aspirantes vinculados/as a unha IT sen data de finalización, que pasen a estar dispoñibles días antes de que finalice a IT. Esiximos que ata a comunicación da alta por parte do titular non pode figurar como dispoñible. Aceptaron a nosa petición.
Dende CIG-Saúde solicitamos que se establezan uns criterios de chamamentos na categoría de radioterapia en Lugo, posto que non hai listas desta categoría e se vai a abrir este servizo nesa localidade. A resposta foi, que no caso de que ese servizo se cubra con persoal das listas, se faría chamando ás áreas limítrofes.
Dende CIG-Saúde solicitamos que se permita en Burela a ampliación do tempo de formación práctica específica para poder formar a TEAP na área especial de citodiagnóstico.

Volvemos reiterarnos en que as renuncias ás listas teñen que facerse por escrito ao igual que a inscrición. A Administración adianta que barallan varias solucións e que nos informarán máis concretamente na próxima mesa de negociación do pacto.
Dende CIG-Saúde denunciamos que en Vigo a xerencia anunciou que só lle ofertarán contratos superiores a 1 mes ás embarazadas. Esiximos a rectificación desta decisión e que ás aspirantes embarazadas se lles oferten todos os contratos que lles correspondan por orde de prelación.
Dende CIG-Saúde solicitamos que na xeración automática de outubro de 2015, non figure, na área de A Coruña/Zona Cee, a lista de TEAP nin a área especial de UCI/REA/Queimados de Enfermería.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto