Noticias Persoal Contratacións Publicación listas provisionais Técnicos/as de Prevención de Riscos e Traballador/a Social
 
 

Publicación listas provisionais Técnicos/as de Prevención de Riscos e Traballador/a Social

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario de xestión e servizos.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 12 de setembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia nº 181, do 23 de setembro), iniciouse e reguláronse as bases do procedemento de actualización periódica das listas de selección temporal no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, elaboradas ao abeiro do Pacto do 26 de abril de 2011.

Finalizado o prazo indicado na cláusula quinta da citada resolución e de conformidade co disposto no seu punto noveno, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización periódica das listas de selección temporal elaboradas ao abeiro do Pacto do 26 de abril de 2011 nas categorías de técnico/a superior en prevención de riscos laborais, técnico/a de grao medio en prevención de riscos laborais e traballador/a social.

Segundo. As listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as coa asignación aos primeiros da puntuación e a orde de prelación provisionais acadadas encóntranse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade coa base novena da Resolución do 12 de setembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia nº 181, do 23 de setembro), pola que se regulan as bases do procedemento de actualización periódica de listas, contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade, no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

As persoas que presentasen debidamente a solicitude de inscrición e non consten como admitidas nin excluídas disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

A aceptación ou rexeitamento das reclamacións presentadas entenderanse implícitos na resolución desta dirección, que se anunciará no Diario Oficial de Galicia, pola que se declaren con carácter definitivo os/as admitidos/as e excluídos/as e que fará públicas, así mesmo, as puntuacións e a orde de prelación definitivas acadadas polas persoas aspirantes.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

Web Listas Sergas

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto