Noticias Persoal Contratacións Listas de contratación persoal de mantemento (oficios)
 
 

Listas de contratación persoal de mantemento (oficios)

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

DOG Núm. 118 Xoves, 25 de xuño de 2015 Páx. 25169

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

No pacto publicado no DOG nº 89, do 9 de maio de 2011, regúlase o procedemento de selección a través de listas elaboradas consonte baremo, das persoas aspirantes a nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade.

Este pacto aplicarase a todos os nomeamentos temporais que resulte necesario formalizar nas diversas categorías estatutarias, baixo as modalidades establecidas no artigo 9 da Lei 55/2003, do 16 de decembro.

Ao abeiro dos números I.4.4 e I.4.5 da citada norma, esta dirección xeral, logo do acordo da Comisión Central de Seguimento do Pacto na sesión do 27 de febreiro de 2015 e en uso das competencias que lle atribúe o artigo 4 da Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 139, do 20 de xuño)

RESOLVE:

Primeiro

Iniciar o prazo para a inscrición das persoas interesadas nas listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, nas seguintes categorías:

1. Calefactor/a.

2. Electricista.

3. Fontaneiro/a.

4. Mecánico/a.

Prazo de inscripción do 26 de Xuño ata o 27 de Xullo, contando os méritos que consten acreditados con data límite do 12 de Xullo

Web Listas Sergas 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto