Noticias Persoal Outras novas CIG-Saúde exixe ao Centro de Transfusións e a Sanidade que devolvan as retribucións adebedadas ao persoal laboral
 
 

CIG-Saúde exixe ao Centro de Transfusións e a Sanidade que devolvan as retribucións adebedadas ao persoal laboral

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Así se recolle nas sentenzas emitidas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e o Tribunal Supremo
 
A CIG-Saúde exixe ao Centro de Transfusións de Galiza (CTG) e a consellaría de Sanidade que, de inmediato, devolva ao persoal laboral desta fundación as retribucións correspondentes ao complemento específico do ano 2006 en cumprimento da sentenza da Sala do Social do Tribunal Supremo, que xa foi publicada en maio de 2015. Lembra que xa o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza emitira, con data 28 de novembro de 2013, unha sentenza no mesmo sentido e entende que o cumprimento da legalidade non se pode demorar máis.

No ano 2005 asinouse un acordo de equiparación salarial co persoal estatutario do SERGAS que se desenvolvería en tres anos: 2004, 2005 e 2006. Porén, no ano 2013 o CTG decidiu de forma unilateral suprimir o complemento salarial específico correspondente ao ano 2006, argüíndo que non tiñan a autorización correspondente.

Isto obrigou a presentar demandas exixindo o cumprimento dese acordo, que foron atendidas primeiro polo TSXG e agora polo TS. Ambos os tribunais recoñecen a legalidade do acordo do subscrito entre a representación sindical e a representación da fundación pública e publicado por resolución de 29 de novembro de 2005 da Dirección Xeral de Relacións Laborais, que foi publicado no DOG de 20 de decembro de 2006.

Así mesmo a sentenza do Supremo afirma que en relación cos artigos 82 e 85 do Estatuto dos Traballadores “os convenios ou pactos débense respectar por primacía da lei naqueles extremos que teñen carácter de indispoñíbeis, inalterábeis e iderrogábeis por principio de xerarquía normativa”.

Ante isto, a CIG-Saúde exixe que de inmediato se proceda a abonar as contías adebedadas ao persoal laboral do CTG. Denuncia que a administración puxo todas as trabas legais ao seu alcance e foi perdendo en todas as instancias e afirma que “agora non lle queda máis que cumprir integramente a sentenza do Supremo e abonar as cantidades anuladas indebidamente”.

A  noticia en Avantar

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto