Noticias Persoal Outras novas O SERGAS róuballe ao persoal contratado!
 
 

O SERGAS róuballe ao persoal contratado!

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Desde CIG-Saúde exiximos que de inmediato se diten as instrucións pertinentes lembrándolles aos centros como se computa a xornada ao persoal eventual. Os cómputos de xornada do persoal que realiza vínculos superiores a un mes (bloques de vacacións, acumulo de tarefas...) aínda que eses contratos se asinen por meses, deberanse realizar pola totalidade da duración da prestación.

As xerencias están a computar os vínculos por separado, aplicándolles a fórmula de contratos inferiores a 31 días. É dicir, computan toda a prestación coma se o/a traballador/a non realizase quenda nocturna.

Isto é un roubo ao persoal. Os cómputos con quendas nocturnas deben realizarse por extensión de xornada, coa fórmula de vínculos superiores a 31 días.

Como exemplo:

Se en 4 meses se traballan 14 noites, facendo a proxección a 11 meses traballaríanse 38 noites. A xornada sobre a que se realizaría o computo debería ser de 1535 horas anuais. Pero se o cómputo se fai coa fórmula de menos dun mes, como non se computan as noites, a xornada anual a realizar sería de 1652 horas.

Facer un cómputo sobre a xornada anual de 1535 h é moi distinto de facelo sobre a de 1652 h anuais. En catro meses de contrato, no primeiro caso a xornada a facer sería de 673 horas, mentres que no segundo caso serían 724 horas que a persoa contratada tería que facer, é dicir, coa modalidade de cómputo que está a empregar o SERGAS esta persoa faría 51 horas de máis, o que se traduce en 5 noites a maiores ou ben 7 xornadas de mañá ou tarde.

Que non che rouben! Denúnciao!

Pásate polo noso local sindical!

CIGSAUDElogo

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto