Noticias Persoal Outras novas Atención: o SERGAS pretende facer cambios nos sistemas de selección e provisión de persoal en pleno verán!
 
 

Atención: o SERGAS pretende facer cambios nos sistemas de selección e provisión de persoal en pleno verán!

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

MODIFICACIÓN DA NORMATIVA ESTATUTARIA ESTATAL E GALEGA:

ESTATUTO MARCO, DECRETO DE PROVISIÓN E SELECCIÓN 206/2005.

20150708 modificación EMNa reunión de Mesa Sectorial celebrada o día 16 de xuño de 2015, a Directora de RRHH do SERGAS comunicounos que estaba a participar nun grupo de traballo do Ministerio de Sanidade para modificar o actual Estatuto Marco. Cabe subliñar que as modificacións do E.M. que fixo a Sra. Ana Mato, anterior ministra de sanidade do PP, foron para que as/os traballadoras/es perdan a condición de persoal estatutario, creando vínculos de persoal laboral, e que poidan ser despedidas/os segundo a reforma laboral do PP. (regulada no R/D 1483/2012, de 29 de outubro).

A última modificación do Estatuto Marco (Lei 55/2003, de 16 de decembro), foi publicada no BOE o 25 de xullo de 2013, na disposición final quinta da publicación que modifica a lei que rexe o uso dos medicamentos. Os cambios afectan aos artigos 63 e 65 do E.M. Unha modificación da normativa básica que debería ser negociada coas organizacións sindicais no Foro Marco para o Diálogo Social. Mais a devandita negociación foi realizada de costas aos órganos de representación.

Nesta última reunión da Mesa Sectorial, tamén se anunciou a modificación do Decreto 206/2005 de Selección e Provisión, que, entre outras, afectaría as seguintes materias:

            OPE e Traslados.

            Categorías Profesionais.

            Designación de Xefaturas.

Os cambios normativos vixentes e de futuro que pretende impor o Partido Popular van modificar as condicións laborais das/os traballadoras/es para adaptalas aos novos20150708 CARTAZ ESTATUTO MARCO modelos de xestión. Modelos baseados na privatización dos servizos, ou, como din no PP, na colaboración Pública-Privada: a pública financia e a privada recolle beneficios.

Non é de recibo que se aproveite o período estival para facer modificacións normativas de amplo calado ás costas dos/as traballadoras/es.

Desde CIG-SAÚDE esiximos que estas modificacións normativas se debatan nos ámbitos de negociación con absoluta transparencia, creando un relatorio técnico para estudar os temas en profundidade, e a afectación que estes poidan ter no eido laboral e asistencial. Negociar non é enviar os documentos ás organizacións sindicais cun prazo de alegacións de 15 días, para que despois ningunha das alegacións enviadas sexa tidas en conta.

Os cambios Normativos débense realizar con: Información, Transparencia, Debate, Participación, Negociación e Acordo.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto