Noticias Persoal Outras novas Se hai recuperación da economía... recuperemos o que nos roubaron!
 
 

Se hai recuperación da economía... recuperemos o que nos roubaron!

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A RECUPERACIÓN E CRECEMENTO DA ECONOMÍA TRADÚCESE PARA O PERSOAL DO SERGAS EN PRECARIEDADE LABORAL E SALARIAL

CIG-SAÚDE solicita a convocatoria dunha mesa de negociación para abordar a recuperación das retribucións que desde o ano 2009 deixaron de percibir as traballadoras e traballadores do SERGAS, e que nos orzamentos do ano 2016 xa se inclúan estas retribucións.

O que temos que recuperar:

    Carreira profesional:

  • Convocatoria inmediata do 4º grao da Carreira Extraordinaria para o persoal de Xestión e Servizos e Persoal Sanitario de Formación Profesional.
  • Carreira Ordinaria para todo o persoal, valoración da carreira ao persoal interino.

    Acordo Retributivo 2008/2012:

  • Actualización dos valores de Atención Continuada (noites, festivos, gardas) ao valor que se debería percibir desde o ano 2012.
  • Recuperación do incremento salarial no valor do ano 2012.
  • É dicir, recuperación dos incrementos salariais deixados de percibir nos anos 2009, 2010, 2011 e 2012.

Algunha organización sindical anda a solicitar do goberno que a nosa recuperación salarial sexa a que se acordou no “Pacto Social”. Que di este pacto?

  • Un máximo de incremento salarial do 1% para o ano do 2015
  • Un máximo do 1.5 % de incremento salarial para o ano 2016
  • A cambio dunha xornada de distribución irregular do 10% e dunha bolsa de horas anuais a disposición da empresa.

Desde CIG-SAÚDE Preguntámonos: o un 1% ou 1.5% de que retribucións?

       Da perda acumulada do 30% de IPC que levamos perdendo todas/os desde o ano 2002?

       Do 46.3% do recorte do soldo base das pagas extras do Grupo A?

       Do 32.8% do recorte do soldo base das pagas extras do Grupo A2?

       Do Complemento Específico das pagas extras que deixamos de percibir todas/os as/os traballadoras/es?

 Que non te queiran confundir, traballamos na empresa do coñecemento, poñemos a disposición dela o mellor de nós. Temos dereito a un salario digno que retribúa a nosa dedicación e implicación.

Non máis roubos nos nosos salarios

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto