Noticias Persoal Contratacións Listas definitivas de contratación de fisioterapeuta, logopeda e terapeuta ocupacional.
 
 

Listas definitivas de contratación de fisioterapeuta, logopeda e terapeuta ocupacional.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

listas sergasPublícase hoxe no DOG a resolución que dá publicidade ás listas definitivas de contratación das categorías de fisioterapeuta, logopeda e terapeuta ocupacional:

  • Listas de contratación definitivas varias categorías (fisioterapeuta, logopeda, terapeuta ocupacional). RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias. Descargar PDF

Estas listas entran en vigor mañá día 15 de xullo.

As persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Páxina web do SERGAS para consultar as listas.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto