Noticias Persoal Xornada, permisos e licenzas Días roubados, xornada aumentada. Que nos devolvan o que nos roubaron!
 
 

Días roubados, xornada aumentada. Que nos devolvan o que nos roubaron!

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A PERDA DOS DÍAS DE LIBRANZA QUE NOS ROUBARON, SUPUXO UN INCREMENTO DA XORNADA ANUAL E UNHA PERDA DE DIÑEIRO.

RECUPEREMOS O ROUBADO!

 No ano 2012 o Partido Popular publicou o decreto 20/2012, de 13 de xullo, que regula a perda de dereitos das/os traballadoras/es públicas/os. Eses dereitos que nos roubaron percibíanse nalgún caso desde o ano 1972, coma é o complemento do 100% do salario en situación de incapacidade temporal por enfermidade.

Desde CIG-SAÚDE xa temos explicado como afectaron estes recortes aos salarios, pero como afectaron á xornada e aos días libres?

  • Días de Libre Disposición (L.D.). Desde o ano 2001 por acordo da mesa sectorial do SERGAS o persoal tiña dereito ao goce de 9 días de libre disposición. No ano 2012 o Partido Popular decreta que pasamos a ter 4 días de L.D. Posteriormente incrementaron un día, actualmente temos 5 días de L.D.
  • Días Adicionais de Vacacións. Desde o ano 2003 o persoal fixo tiña dereito ao incremento de 4 días hábiles en función da súa antigüidade.
    • 15 anos de servizos prestados 1 día hábil máis de vacacións.
    • 20 anos de servizos prestados 2 días hábiles máis de vacacións.
    • 25 anos de servizos prestados 3 días hábiles máis de vacacións
    • 30 anos de servizos prestados 4 días hábiles máis de vacacións.
  • Días Adicionais de Libre Disposición. Recollidos na Lei 7/2007 do Estatuto Básico do Empregado Público. EBEP. O artigo 48 desta lei recolle o dereito ao goce dun incremento dos días de libre disposición en función da antigüidade do/a traballador/a.
    • As/os empregadas/os públicos terán dereito ao goce de 2 días adicionais ao cumprir o 6º trienio (2 días adicionais de L.D ao cumprir 18 anos de antigüidade)
    • Un día adicional por cada trienio cumprido a partires do octavo trienio (1 día máis a partires dos 24 anos de antigüidade, 2 días máis a partires dos 27 anos de antigüidade, e así sucesivamente)

Roubáronnos 4 días de L.D, isto supuxo un incremento de xornada de 28 h. Roubáronnos estes días adicionais e isto tamén supuxo incremento de xornada. Tamén nos roubaron os adicionais de L.D, co conseguinte aumento de xornada.

Que cada quen bote contas. Se tomamos como referencia a media de antigüidade do persoal do SERGAS a perda está nos 11 días, é dicir que o persoal do SERGAS sufriu como media un incremento de xornada de 77 hs anuais.

ESIXIMOS A DEVOLUCIÓN DOS NOSOS DÍAS NO ANO 2016. E A RECUPERACIÓN DO 100% DO SALARIO EN CASO DE INCAPACIDADE TEMPORAL POR ENFERMIDADE.

QUE NOS DEVOLVAN O ROUBADO!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto