Noticias Persoal Diplomad@s Sanitari@s O vindeiro 7 de agosto remata o prazo para solicitar o título de Enfermeira/o Especialista que substitúe o das especialidades de Enfermaría suprimidas
 
 

O vindeiro 7 de agosto remata o prazo para solicitar o título de Enfermeira/o Especialista que substitúe o das especialidades de Enfermaría suprimidas

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

agrup enferm positivo corA Disposición Transitoria Segunda do Real Decreto de Troncalidade (Real decreto 639/2014, do 25 de xullo, polo que se regulan a troncalidade, a reespecialización troncal e as áreas de capacitación específica, se establecen as normas aplicables ás probas anuais de acceso a prazas de formación e outros aspectos do sistema de formación sanitaria especializada en Ciencias da Saúde e se crean e modifican determinados títulos de especialista), publicado no BOE o 6 de agosto de 2014, recolle o seguinte:

Disposición transitoria segunda. Prazo para solicitar a expedición do título de Enfermeiro Especialista que substitúe o das especialidades de Enfermaría suprimidas. O prazo para solicitar do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a expedición de novos títulos de especialista, en substitución dos correspondentes ás especialidades suprimidas segundo o previsto na disposición adicional segunda do Real decreto 450/2005, do 22 de abril, finalizará ao ano da entrada en vigor deste real decreto.

As especialidades ás que se refire esta disposición son as que foron suprimidas polo Real Decreto de Especialidades de Enfermaría (Real Decreto 450/2005, do 22 de abril, sobre especialidades de enfermaría. -BOE 108, do 6-5-2005), que na súa Disposición Adicional Segunda di:

Disposición adicional segunda. Supresión de especialidades anteriores.

1. Quedan suprimidas as especialidades de diplomados universitarios en enfermaría e de axudantes técnicosanitarios que a continuación se relacionan:

a) A especialidade de neuroloxía, creada polo Decreto 3192/1970, do 22 de outubro.

b) A especialidade de uroloxía e nefroloxía, creada polo Decreto 2233/1975, do 24 de xullo.

c) A especialidade de análises clínicas, creada polo Decreto 203/1971, do 28 de xaneiro.

d) A especialidade de radioloxía e electroloxía, creada polo Decreto 1153/1961, do 22 de xuño.

e) A especialidade de enfermaría de coidados especiais, creada polo Real decreto 992/1987, do 3 de xullo.

f) A especialidade de pediatría e puericultura, creada polo Decreto 3524/1964, do 22 de outubro.

g) A especialidade de psiquiatría, creada polo Decreto 3193/1970, do 22 de outubro.

h) A especialidade de asistencia obstétrica (matrona), creada polo Decreto do 18 de xaneiro de 1957, modificado polo Real decreto 2287/1980, do 26 de setembro.

i) A especialidade de enfermaría de saúde comunitaria, creada polo Real decreto 992/1987, do 3 de xullo.

j) A especialidade de xerencia e administración de enfermaría, creada polo Real decreto 992/1987, do 3 de xullo.

2. A partir da entrada en vigor deste real decreto, non se poderán expedir novos títulos de especialista das especialidades indicadas no punto anterior.

3. Os diplomados universitarios en enfermaría ou axudantes técnico-sanitarios que se encontren en posesión dalgún dos títulos de especialista suprimidos por esta disposición adicional poderán solicitar do Ministerio de Educación e Ciencia, a partir da entrada en vigor deste real decreto, a expedición dun novo título de especialista de acordo coas seguintes regras:

a) Os que se encontren en posesión dos títulos indicados no punto 1.a) a e) poderán solicitar a expedición do título de especialista en enfermaría de coidados médicocirúrxicos.

b) Os que se encontren en posesión do título previsto no punto 1.f) poderán solicitar a expedición do título de especialista en enfermaría pediátrica.

c) Os que se encontren en posesión do título indicado no punto 1.g) poderán solicitar a expedición do título de especialista en enfermaría de saúde mental.

d) Os que se encontren en posesión do título indicado no punto 1.h) poderán solicitar a expedición do título de especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica (matrona).

Posto que o vindeiro día 7 de agosto se cumpre o ano desde a entrada en vigor do Decreto de Troncalidade, ese é o día que finaliza o prazo para a solicitude de expedición dos títulos de especialista que substitúen aos extintos referidos na Disposición Adicional  do Decreto de Especialidades. Se algunha persoa se atopa en posesión dalgún destes títulos suprimidos e non solicitou a expedición do título novo, é o momento de facelo. Despois do día 7 de agosto xa non se poderá.

Podes descargar aquí o modelo de solicitude.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto