Noticias Persoal Contratacións Outro anuncio preelectoral da devolución da paga extra!
 
 

Outro anuncio preelectoral da devolución da paga extra!

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

QUE NOS DEVOLVAN O ROUBADOHai que ver para o que dá unha paga extra. O persoal da Administración Pública Galega viu como no ano 2012 se lle deixaba de pagar a paga extra de decembro. Desde entón, esa paga extra ten valido para sucesivos anuncios de devolución, sempre coincidindo coas datas previas a procesos electorais.

Vexamos: primeiro anunciaron en decembro do ano pasado que na Lei de Orzamentos deste ano se recollería a devolución dun 12.5% da paga extra no mes de xaneiro, e posteriormente se anunciou a devolución doutra oitava parte no mes de abril, cando se publicara a Lei de Emprego Público que recollía esta devolución. Casualmente (son coincidencias inocentes, ben sabemos) en maio celebráronse eleccións municipais.

Agora, onte mesmo, o Consello da Xunta, despois de que fora aprobado nunha reunión do Ministerio a semana pasada, anunciou con pompa e boato a devolución doutro cuarto (25%) da paga extra famosa (lembremos: decembro de 2012) antes de que remate o ano. E sabedes qué proceso electoral se vai convocar antes de que remate o ano? Pois si, as Eleccións Xerais, pero é outra coincidencia, non é que queiran influír no voto devolvendo unha pequena parte dunha paga extra completa que nos roubaron hai 3 anos.

Mais inda devolvéndonos ese 25%, inda nos quedaría por recuperar daquela extra un 50%, ademais dos complementos específicos desa paga e das seguintes extras, e tamén os recortes de cantidades que se produciron nas extras de 2013, 2014 e 2015, que non sabemos cando pensan devolver. Ah, esperade! Que o ano que ven hai eleccións autonómicas, igual hai sorte e coincide outra vez a devolución con ese proceso! (isto, obviamente, é ironía).

Na CIG-Saúde imos un pouco fart@s de que nos queiran tomar por parv@s. Exiximos a devolución XA de todo o que nos roubaron:

* Paga extra completa de decembro de 2012, complementos específicos de todas as pagas extra desde o 2012, e devolución dos cartos recortados nas contías de todas as pagas extras desde o 2012.

* Acordo retributivo 2008-2012, cos incrementos salariais e a adecuación do pago da atención continuada que ficaron suspendidos.

* Complemento do 100% no caso de incapacidade transitoria.

* Días de Libre Disposición, Días Adicionais de Libre Disposición por antigüidade e Días Adicionais de Vacacións por antigüidade.

* Carreira Profesional Extraordinaria e Ordinaria.

QUE NON TE TOMEN POR PARV@!

EXIXE OS TEUS DEREITOS!

DEVOLUCIÓN DE TODO O ROUBADO!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto