Noticias Persoal Traslados Resumo Reunión Traslados
 
 

Resumo Reunión Traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Nesta ligazón podedes atopar as prazas a traslados que entregou o SERGAS na reunión do pasado venres, e que están pendentes dalgunha variación que poida xurdir despois das alegacións das Organizacións Sindicais. En todo caso, as prazas definitivas saberémolas nesta semana que entra.

 

Sobre a reunión do venres podemos comentar:

 

573-37104-a-peluco

ATENCIÓN PRIMARIA

  • O Sergas cambia de opinión e oferta as vacantes de celador ocupadas por interinidades en Atención Primaria (nos PAC) coa condición de que non van a ofertar as RESULTAS.
  • Os cambios en Odontólog@s son sen incrementar o número total das ofertadas (que ven sendo o mesmo número de prazas ofertadas a OPE), o que fixeron foi aplicar o criterio de menor antigüidade na praza e cambian unha que estaba ofertada e que @ interin@ era máis antigu@ por outra que @ interin@ ten menor antigüidade.
  • Os cambios que hai en prazas de enfermaría e médicos de familia son fundamentalmente de quenda ou para clarexar mellor o lugar onde están ubicadas as prazas.
  • Engaden unha praza nova de auxiliar administrativo en Ourense.

 

ESPECIALIZADA

 

Neste apartado os cambios que hai son únicamente aqueles que aportaron dende as Xerencias, as alegacións feitas polos sindicatos quedan para unha revisión posterior na semana que ben, quedando o Sergas en que nos remitirá un listado DEFINITIVO  o mércores.

 


 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto