Noticias Persoal Outras novas A medida electoralista da devolución de parte do roubado.
 
 

A medida electoralista da devolución de parte do roubado.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

SEICA NOS VAN DEVOLVER UNHA PEQUENA PARTE DO ROUBADO

ANÚNCIANO A POUCO TEMPO DUNHAS ELECCIÓNS, MAIS AFIRMAN QUE NON SE TRATA DUNHA MEDIDA ELECTORALISTA

               

O goberno do PP negouse rotundamente a recoller na Lei de Emprego de Galiza a devolución de ningún dos días roubados. Esta Lei foi publicada no DOG o día 4 de maio deste ano 2015. Que milagre sucedeu entre o 4 de maio e o 12 de setembro para que o goberno se tornase tan xeneroso?

Era habitual que antes dun proceso electoral o goberno incrementase, ridiculamente, as pensións nunha porcentaxe mínima. Agora deberon valorar que é mellor tomarlles o pelo ás/aos empregadas/os públicas/os.

                Modificación do Estatuto da/o Empregada/o Público. BOE 12 de setembro do 2015.       

DÍAS LIBRES 2015

Admón. Pública Estatal

Admón. Pública Galega

Permisos por asuntos particulares.

(LD - libre disposición)

6 días/ano.

Directamente aplicable no 2015.

6 días/ano.

Directamente aplicable no 2015.

Asuntos particulares por antigüidade.
(LD - libre disposición)

Incremento de 2 días ao cumprir o 6º trienio.

1 día adicional x cada trienio cumprido a partir do 8º.

Na Mesa Xeral de Empregadas/os Públicas/os celebrada o día 15 de setembro de 2015, o responsábel de Función Pública anuncia que estes días non serán de aplicación na Galiza no 2015.

Para roubarnos os días aplican directamente o que manda MADRID.

Para devolvernos os días, xa non manda MADRID.

Indecente.

Vacacións antigüidade.

4 días adicionais en función da antigüidade:

15 anos: 23 días vacacións.

20 anos: 24 días vacacións.

25 anos: 25 días vacacións.

30 anos: 26 días vacacións.

 

Novo calendario de pago da extra roubada no 2012.

A ver se desta vai

2015. Novembro/decembro

26.23%

(=48 días)

2016. Lei de orzamentos

50%

2017. Recupérase o complemento específico

A recuperación da paga extra completa no ano 2017 será cos recortes que no ano 2010 aplicou o goberno de Zapatero. É dicir, inda no 2017 non teremos as pagas extra que tiñamos no 2009 antes dos recortes.

Seica nos toman por parv@s???

Devolución de todo o roubado XA!!!!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto