Noticias Persoal Outras novas Exiximos que os días recuperados sexan efectivos no 2015
 
 

Exiximos que os días recuperados sexan efectivos no 2015

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

ATENCIÓN, IMPORTANTE!

Na reunión da Mesa Xeral de Empregados/as Públicos/as, a Administración negouse a falar doutro tema que non fose o pago doutro prazo da extra de 2012 roubada. Segundo o Director de Función Pública,na próxima semana enviarán un texto para negociar “o calendario” de goce dos días libres roubados.

Na CIG-Saúde pensamos que non hai calendario de implantación que non pase pola vixencia neste ano 2015 dos días dos que se anuncia a súa devolución. Esiximos que a recuperación dos días de libre disposición en función da antigüidade, e os adicionais de vacacións teñen que ser no 2015, ao igual que recolle o Real Decreto Lei 10/2015, de 11 de setembro para as/os empregadas/os do Estado.A única negociación que cabeé que o período de goce destes días poida ir máis ala do 15 de xaneiro do 2016. Mais a recuperación dos días ten que ser efectiva no ano 2015.

Tamén esiximos a recuperación do 100% do complemento deI.T, da Carreira Profesional e do Acordo Retributivo 2008/12.

Temos fartura de recortes e de enganos.

Non imos consentir que nos sigan a roubar!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto