Noticias Persoal Diplomad@s Sanitari@s Probas EIR: o que cómpre saber
 
 

Probas EIR: o que cómpre saber

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

agrup enferm positivo cor

Ven de publicarse (BOE do 18 de setembro de 2015) a convocatoria de probas para acceso á formación especializada para a obtención do título de Enfermeira Especialista (formación EIR). Deixamos aquí unhas pequenas anotacións sobre o procedemento de probas e formación EIR para o ano 2016. De estares interesada/o en participar nestas probas, pasa polos nosos locais sindicais e darémosche toda a información que precisas.

  • Convócanse un total de 968 prazas das 6 especialidades:

ENFERMARÍA SAÚDE MENTAL

183

ENFERMARÍA DO TRABALLO

14

ENFERMARÍA   FAMILIAR E COMUNITARIA

278

ENFERMARÍA   XERIÁTRICA

15

ENFERMARÍA   OBSTETRICO-XINECOLÓXICA

366

ENFERMARÍA   PEDIÁTRICA

112

  • Destas 968 prazas, 54 ofértanse en centros sanitarios de Galiza. E destas, 6 son da especialidade de Saúde Mental, 22 de Enfermaría Familiar e Comunitaria, 17 de Obstétrico-Xinecolóxica (Matrona) e 9 da especialidade de Enfermaría Pediátrica.
  • Calendario das probas selectivas:
    • Prazo de presentación de solicitudes: Do 21 ao 30 de setembro de 2015.
      • Relación provisional de admitidas/os: A partir do 16 de novembro de 2015.
      • Relación definitiva de admitidas/os: A partir do 5 de xaneiro de 2016.
      • Data do exercicio: Sábado, día 6 de febreiro de 2016.
      • Exhibición do cadro de respostas correctas: A partir do 15 de febreiro de 2016.
      • Prazo de reclamacións ás respostas correctas: Días 16, 17 e 18 de febreiro de 2016.
      • Reunión das Comisións Cualificadoras para resolver as reclamacións presentadas: Día 1 de marzo de 2016.
      • Relación provisional de resultados: A partir do 8 de marzo de 2016.
      • Relación definitiva de resultados: A partir do día 30 de marzo de 2016.
      • Actos de asignación de prazas: A partir do 14 de abril de 2016.
      • Prazo posesorio para incorporación: Días 26 e 27 de maio de 2016, ambos incluídos.
  • Adxudicación de prazas.Aprobadas as relacións definitivas de resultados, emitirase resolución convocando por titulacións, ás/aos aspirantes seleccionadas/os de calquera quenda que superaran a puntuación mínima para que presenten solicitude de adxudicación de praza. Nesa resolución establecerase tamén, o prazo e demais circunstancias relativas á toma de posesión das persoas adxudicatarias de praza.
  • Solicitude: Modelo 790, facilitado gratuitamente nas delegacións e subdelegacións do goberno. Tamén se pode cumprimentar e descargar desde o enderezo: https://ips.redsara.es/IPSC/modelo790. O prazo vai do 21 o 30 de setembro.
  • Taxas: O importe das taxas será de 29,89 euros a ordinaria e de 14,95 euros a bonificada (membros de familia numerosa de categoría xeral). Estarán exentas de taxas as persoas cunha discapacidade superior ao 33%, desempregadas ou integrantes de familia numerosa de categoría especial. As taxas ingresaranse en calquera das entidades financeiras colaboradoras na xestión tributaria mediante a presentación das tres follas que integran o modelo 790 de solicitude.
  • Probas selectivas:Consistirán na realización dun exercicio-cuestionario de preguntas de elección múltiple, e na valoración do expediente académico correspondente aos estudos universitarios de grao/licenciatura, e, no seu caso, a un título de doutor/a. A puntuación total individual que se recoñeza a cada participante nas probas, estará constituída pola suma da que obteña no exercicio de contestacións múltiples e da asignada, no seu caso, aos méritos académicos, que se acreditaran en tempo e forma, conforme ao baremo recollido na convocatoria.
  • Exame (6 de febreiro de 2016, 15:30h): Consistirá na realización dun exercicio de 225 preguntas de elección múltiple máis dez de reserva, cuxa duración será de cinco horas. Só se considerará que superaron o exercicio de contestacións múltiples, aqueles aspirantes que obteñan unha valoración particular igual ou superior ao trinta e cinco por cento da media aritmética das dez mellores valoracións particulares do citado exercicio; a estes efectos só se terán en conta os números enteiros do resultado desta operación desprezándose os decimais.

Para máis información, pregunta nos locais da CIG-Saúde.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto