Noticias Persoal Outras novas Orzamentos 2016: nin recuperación salarial, nin devolución do roubado
 
 

Orzamentos 2016: nin recuperación salarial, nin devolución do roubado

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O venres día 16 de outubro de 2015 celebrouse a reunión da Mesa Xeral de Empregadas/os Públicas/os da Xunta de Galiza. Orde do día: capitulo I dos orzamentos do ano 2016.

Malia a reiterada oferta da Xunta ás organizacións sindicais de negociar os orzamentos, o formato de reunión foi o mesmo que os dos anos anteriores. En apenas 15 minutos deron unha lectura rápida ao seu texto, non entregaron ningún documento.

Que recolle o capítulo I de orzamentos do ano 2016 para o persoal do SERGAS?

  • Un incremento lineal do 1% das retribucións básicas e complementarias.
  • A devolución do 49.73% da paga extra roubada no 2012.
  • Os días adicionais de vacacións e LDs por antigüidade que xa son efectivos desde o 19 de outubro.
  • A taxa de reposición do 100% das vacantes producidas no último ano.
  • Un incremento de 10 millóns de € destinados á creación das axencias de tecidos e órganos, e a axencia do coñecemento. 0% para a estabilidade do persoal investigador.

Desde a CIG esiximos que os orzamentos do ano 2016 sirvan para que as/os traballadoras/es públicas/os recuperemos o roubado, non para perpetuar o roubo.

CIG-SAÚDE esixe:

  • Un plano de recuperación salarial que permita recuperar o 30% do salario perdido por recortes e conxelación salarial.
  • A recuperación íntegra das pagas extra, dos 3 días de libre disposición que faltan, así como do complemento do 100% en caso de IT.
  • A negociación en Mesa Sectorial dun plano de emprego para o SERGAS que permita a convocatoria do 100% das vacantes reais, e a conversión en prazas estruturais de todas as prazas que levan cubertas máis dun ano con contratos temporais. Eliminación da precariedade laboral.
  • A desaparición do artigo que permite acumular nunha ou en varias categorías as convocatorias de OPE. Esiximos a convocatoria do 100% de prazas e para todas as categorías.
  • A dotación orzamentaria suficiente para a recuperación dos acordos sectoriais: carreira profesional, acordo retributivo 2008-12, cadro de persoal...
  • A dotación económica para a creación das prazas de enfermeira/o especialista, e para a estabilidade do persoal investigador.

Outros orzamentos son posíbeis, non te conformes coas migallas!

CIGSAUDElogo

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto