Noticias Persoal Outras novas Cambios na Xestión de IT a partir do 1 de decembro
 
 

Cambios na Xestión de IT a partir do 1 de decembro

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig-globoPeO Real Decreto 625/2014, de 18 de xullo, polo que se regulaban determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros 365 días da súa duración, introduciu modificacións na xestión da Incapacidade Temporal. O maior cambio que traía ese Real Decreto versaba sobre a expedición dos partes médicos de baixa, de confirmación e de alta. Para desenvolvelo ditouse a Orde ESS/1187/2015, de 15 de xuño, que regula con máis detalle os procesos de tramitación, expedición e funcionamento destes partes médicos, así como o control das situacións de incapacidade temporal. Esta Orde entrará en vigor o 1 de decembro de 2015.

O primeiro a destacar desta Orde é a introdución de novos modelos de partes médicos de baixa/alta e de confirmación da incapacidade temporal, os cales se poden ver nos seus anexos. Doutra banda, tanto o Real Decreto como a Orde clasifican os procesos de IT segundo a súa duración e en base a esta duración estimada (a estimación farase con referencia a unhas táboas elaboradas en función das estatísticas dos últimos anos) establécese cando deben expedirse os partes de confirmación da baixa médica:

  • PARTE DE BAIXA. O persoal facultativo terá que escribir a duración estimada do proceso e as baixas clasificaranse en función desa duración:

•             moi curta: inferior a 5 días naturais

•             curta: de 5 a 30 días naturais

•             media: de 31 a 61 días naturais

•             longa: mais de 61 días naturais

  • PARTE DE CONFIRMACIÓN. Dependendo da duración:

*Baixas de moi curta duración. O/A traballador/a non terá que ir recoller a alta. O persoal facultativo emite a baixa e a alta no mesmo parte médico. O/A traballador/a poderá solicitar recoñecemento médico para o día da alta, se considera que non está inda recuperado/a.

*Baixas de máis de 5 días. No parte de baixa sempre figurará a data da próxima revisión.

•             Curta - 1º parte máximo 7 días, 2º e sucesivos 14 días

•             Media - 1º parte máximo 7 días, 2º e sucesivos 28 días

•             Larga - 1º parte máximo 14 días, 2º e sucesivos 35 días

Modificación ou actualización do diagnóstico. Emitirase un parte de confirmación co diagnostico actualizado, a duración estimada e a data de revisión.

Cambio de Servizo Público de Saúde que presta servizos. Emitirase un parte de confirmación no que se recolla o novo servizo e a data da próxima revisión.

  • PARTE DE ALTA. Pode ser por curación, melloría, recuperación da capacidade laboral, proposta de incapacidade permanente, inicio da situación de maternidade, ou comparecencia a revisión médica.
  • TRAMITACIÓN DOS PARTES ALTA/BAIXA E CONFIRMACIÓN. Presentación na empresa pola persoa traballadora:

* Parte de baixa e confirmación, en 3 días a partir da data de emisión.

* Parte de alta, dentro das 24 horas seguintes á emisión.

* IT de moi curta curación, parte de baixa/alta dentro das 24 horas da data de alta. Se a/o facultativa/o emite o 1º parte de confirmación (se se solicita revisión e a/o facultativa/o estima que non pode haber alta), dentro das 24 horas da emisión.

Desde a CIG-Saúde denunciamos que na tramitación do marco legal da regulación da xestión das Baixas Laborais non se escoitou as e os profesionais e non se teñen en conta os dereitos das e dos pacientes.

Diante da entrada en vigor da reforma están aínda moitos aspectos sen aclarar, como quen e en que momento ten a competencia para emitir a baixa, e en que condicións se fai o seguimento. Tampouco están dispoñibles as táboas de tempos medios de duración das baixas en función dos diagnósticos e das condicións dos postos de traballo, táboas que, ademais, non poden condicionar a capacidade do profesional para establecer a duración da baixa.

Coa posta en marcha desta reforma increméntase a burocratización do traballo das e dos médicos de Atención Primaria coa elaboración de informes repetidos que non garanten un mellor seguimento clínico das e dos pacientes e que só ten xustificación na presunción, non xustificada, de fraude xeneralizado por parte das traballadoras e traballadores.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto