Noticias Persoal Diplomad@s Sanitari@s A propósito das probas da vía extraordinaria de Enfermaría Pediátrica
 
 

A propósito das probas da vía extraordinaria de Enfermaría Pediátrica

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

agrup enferm positivo cor

 A día de hoxe case todo o mundo coñece o despropósito no que se converteron os exames da proba obxectiva para o acceso pola vía excepcional ao título de Enfermaría Especialista en Pediatría. Despois das numerosas irregularidades que se viviron nesas probas, das que dan fe as moitas persoas que nos teñen consultado ao respecto e as numerosas impugnacións de preguntas da proba rexistradas, a día de hoxe o Ministerio de Educación inda non aclarou qué pasou, qué vai pasar nin qué medidas pensa tomar para garantir que todas as persoas que se inscribiron teñan as mesmas posibilidades e os mesmos dereitos á hora de participar neste proceso.

Para o día 22 de novembro está programado o último exame, que, segundo se recolle na convocatoria, está dirixido a aquelas persoas aspirantes que non se presentaran na data asignada para o primeiro exame ou que non superaran a proba, pero dase a circunstancia que, a día de hoxe, coma quen di unha semana antes dese exame, ninguén sabe se superou ou non a proba, porque desde o Ministerio inda non publicaron ningunha lista de aspirantes que superaran a proba. Por publicar, inda non publicaron unha explicación ás graves irregularidades que se deron nesas probas, nin tampouco unha desculpa nin moito menos, unha previsión de que é o que pensan facer para solucionar esta cerellada.

Agora, as persoas que despois de inscribirse para participar nesta Vía Extraordinaria, despois de gastar tempo e cartos, facendo esforzos para preparar a proba, desprazarse ao exame a Madrid, pasar polo suplicio dese exame con todas as irregularidades habidas e por haber, non saben que facer. Non saben se teñen que ir ou non teñen que ir o día 22 a Madrid. E nós, na CIG, estamos temendo que se lles vaia ocorrer ás mentes pensantes do MInisterio publicar a lista de persoas que superaron a proba un ou dous días antes do día 22, porque, na súa visión centralista e centralizadora do mundo, pensan que claro, desde Colmenar Viejo ao lugar de celebración da proba chégase moi ben e non hai problema. Pero resulta que unha persoa de "provincias" ten que programar coa suficiente antelación unha viaxe, unha pernocta e mesmo realizar cambios de quenda e demais parafernalia que desde a "capital do reino" non son quen nin de atisbar. Isto tamén dá conta do importante que é mirar nós por nós mesm@s e non deixar que sexa Madrid quen guíe os nosos destinos.

Desde a CIG Saúde exiximos do Ministerio de Educación que emita unha aclaración pública sobre o sucedido nas probas, sobre as medidas a tomar para garantir a súa validez, e que, no caso de que o proceso siga adiante, publique canto antes tanto as medidas a tomar coma as listas de persoas que superaron a proba.

Páxina do Ministerio onde se supón que informan sobre o proceso: preme aquí.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto