Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria Atraso no pago da nómina?
 
 

Atraso no pago da nómina?

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Por se fora pouco o feito de que nos rebaixen unha cantidade considerable de cartos nos salarios desde este mes, agora chegounos a noticia de que parece ser que o SERGAS pretende atrasar o pago da nómina ordinaria de xuño co pretexto de que non lles deu tempo de aplicar os descontos. Agardando que todo sexa nada máis que un rumor, e por se acaso, remitimos esta mañá á Directora de Recursos Humanos o seguinte escrito:

 

 

Esperanza Fernández Lago.

Directora de RRHH SERGAS.

 

Bo día: estamos a recibir información de distintas xerencias de que a nómina do mes de xuño vai sufrir atraso no seu aboamento motivado pola redución salarial que as/os traballadores imos sufrir nos nosos salarios.

Como principio básico de dereito das/os traballadoras/es á nómina, utilizando un símil relixioso, é sagrada, polo que se debe de aboar sen ningún atraso.

Se á Administración non lle deu tempo a modificar o programa informático, isto non se lle pode imputar as/os profesionais. Na Mesa Sectorial a Administración comprometeuse  a aboar a nómina sen atraso algún.

Non nos parece de recibo que a Administración aboe a nómina da paga extra en substitución da nómina mensual, as dúas nóminas deben de aboarse na data correspondente.

A CIG-SAÚDE solicita que se abonen as dúas nómina sen ningún atraso.

Agardando a súa resposta.

 

Compostela, 23 de xuño de 2010.

 

Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.

Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto