Noticias Persoal Outras novas A CIG-Saúde exixe a correcta clasificación do persoal conforme ao EBEP
 
 

A CIG-Saúde exixe a correcta clasificación do persoal conforme ao EBEP

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

100 7780pO pasado 31 de outubro de 2015 publicouse no BOE o Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do/a Empregada/o Público. O devandito texto publícase pola potestade que ten o goberno de ditar textos refundidos. Mais o propio Estatuto Básico recolle que cando a potestade organizativa da Administración teña repercusión nas condicións de traballo do persoal, esta está obrigada a negociar.

Neste texto refundido recóllense normas que o goberno ditou en forma de Decreto-Lei, aprobadas por decreto, sen negociación previa. Noutras épocas os sindicatos do ámbito do estado NON LLE CONSENTIRÍAN ao goberno central que fixera modificación lexislativas sen pasar previamente pola mesa de negociación. Mais parece que agora non pasa nada cando se vulnera o dereito á negociación. E como non hai negociación, o goberno segue sen aplicar a correcta clasificación do persoal, non desenvolve o artigo 76 do EBEP de acordo co requisito de titulación e coa titulación académica actual, exixidos para a incorporación ao emprego público.

Desde CIG-SAÚDE exiximos a derrogación da disposición adicional sexta: “Outras agrupacións profesionais sen requisitos de titulación”, e a incorporación deste colectivo no artigo 76 do EBEP. Para este colectivo non se esixe estar en posesión de titulación académica, mais o sistema educativo actual, é dicir, a súa formación académica, sitúao no grupo C2.

CLASIFICACIÓN CORRECTA DO ARTIGO 76 DO EBEP

Grupo actual de clasificación

Grupo correcto

Grupo A

Subgrupo A1

Grupo B

Subgrupo A2

Grupo C

Grupo B

Grupo D

Subgrupo C1

Grupo E

Subgrupo C2

CIG-SÁUDE exixe da Administración que sen máis dilación negocie no marco da mesa xeral das/os empregadas/os públicas/os a clasificación recollida no EBEP desde o ano 2007. Esta clasificación profesional debe de ir acompañada co correspondente nivel retributivo.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto