Noticias Persoal Outras novas O persoal en formación volve formar parte da representación sindical unitaria e da Mesa Sectorial
 
 

O persoal en formación volve formar parte da representación sindical unitaria e da Mesa Sectorial

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa
O día 9 de decembro de 2015 as OOSS e a Administración sanitaria asinamos un acordo para que o persoal en formación volva formar parte da representación unitaria. A representación deste colectivo, coma a do resto de traballadoras/es do SERGAS, radica nas xuntas de persoal e na mesa sectorial.

Entre os asinantes deste acordo está a organización sindical que en maio de 2015 impugnou o proceso para que o persoal en formación non formase parte do proceso electoral conxunto.

Desde a CIG-SAÚDE congratulámonos con que ao fin imperase o sentido común, e que a prioridade das organizacións sindicais sexa a defensa dos intereses das/os traballadoras/es e non ter máis crédito sindical.

Convocar eleccións para o persoal en formación fóra da representación unitaria era condenar a este colectivo a non ter dereito a negociar as súas condicións laborais e retributivas, xa que convocando eleccións a comités de empresa por área sanitaria o seu interlocutor sería o/a xerente/a, persoa sen capacidade para negociar condicións laborais e retributivas.

Por qué desde a CIG-SAÚDE defendemos, insistentemente, que o persoal en formación formase parte da representación unitaria e da mesa sectorial?

  • A relación laboral do persoal en formación ven recollida na Lei 44/2003, de 21 de novembro de Ordenación das Profesións Sanitarias.
  • No artigo 20 e na disposición adicional primeira da Lei 44/2003 recóllese que o Goberno regulará mediante Real Decreto a relación laboral do persoal en formación.
  • No ano 2006 o goberno do estado negocia no Foro Marco Para o Diálogo Social , ámbito de negociación coa participación das organizacións sindicais (mesa sectorial do estado), o Real Decreto 1146/2006, de 6 de outubro, polo que se regula a relación laboral do persoal en formación.
  • Na disposición adicional sétima, Aplicación de pactos e acordos, recolle: "Cando así se acorde os pactos e acordos do persoal estatutario seranlle de aplicación ao persoal incluído neste real decreto”
  • En base a isto na mesa sectorial do SERGAS asinouse en febreiro do 2007 o acordo de mellora das condicións laborais e retributivas do persoal en formación.

Benvidas, benvidos, ao único ámbito de negociación con capacidade para negociar as condicións laborais e retributivas do persoal en formación.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto