Noticias Persoal Contratacións Información da Comisión Central de Seguimento do Pacto
 
 

Información da Comisión Central de Seguimento do Pacto

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

cig informa

COMISIÓN CENTRAL DE CONTRATACIÓNS DO 11 DE DECEMBRO DE 2015

  • Información Xeral Pacto. Previsións de listas.
    • DECEMBRO:
      • Publicación das listas provisionais de baremación das categorías de celador/a, cociñeiro/a, lavandeiro/a, pinche, pasador/a de ferro, grupo auxiliar da función administrativa.
    • XANEIRO:
      • Publicación das listas provisionais de baremación das categorías de enfermeiro/a especialista en saúde mental, matrona, médico/a de urxencias hospitalarias, pediatra de Atención Primaria, Técnicos superiores sanitarios, TCAE e técnico/a de farmacia.
    • FEBREIRO:
      • Publicación das listas provisionais de baremación das categorías de Médico/a de familia, enfermeiro/a e enfermeiro/a do 061. Nesta publicación irá incorporada a nota da OPE do exame do 23 de xaneiro de 2016.
      • Publicación das listas provisionais de baremación da categoría de condutor/a.
      • Publicación das listas definitivas de baremación das categorías de celador, cociñeiro/a, lavandeiro/a, pinche, pasador/a de ferro, grupo auxiliar da función administrativa.

Sobre as categorías que inda están pendentes de convocar por primeira vez ao abeiro deste pacto, non teñen previsión.

  • Situación de indispoñibilidade transitoria de aspirantes.

Á proposta da Admón acordáronse os seguintes criterios para ordenar aspirantes cando se dean situacións de indispoñibilidade transitoria, sen menoscabo do seu tratamento previo na Comisión Central:

  • Durante o tempo que dure a situación de  indispoñibilidade, quedan suspendidos os prazos de reactivación automática nas listas, pasando a estar dispoñibles de forma automática, sendo a aceptación do chamamento voluntaria, é dicir, rexeitar un chamamento nesta situación non implicaría penalización.
  • Categorías que requiran titulación específica de acceso: terase en conta aos/as aspirantes inscritos/as no FIDES con posterioridade á data de xeración automática de listas, ordenados da seguinte  maneira:
  1. Data de obtención do título.
  2. En caso de empate polo criterio anterior, data de rexistro da presentación da inscrición nas listas.
  3. En caso de empate polo criterio anterior, data de confirmación no FIDES da inscrición.
  • Categorías que non requiran titulación específica de acceso: terase en conta aos/as aspirantes inscritos/as no FIDES con posterioridade á data de xeración automática de listas, ordenados da seguinte  maneira:
  1. Nota da última OPE convocada polo SERGAS.
  2. En caso de non existir OPE da categoría ou de empate polo criterio anterior, data de rexistro da presentación da inscrición nas listas.
  3. En caso de empate polo criterio anterior, data de confirmación no FIDES da inscrición.

En Servizos Centrais elaborarán unhas listas que remitirán aos centros, as cales NON se publicarán na web do Sergas, e teranse que solicitar nas Comisións periféricas.

  • Novo motivo de suspensión de chamamentos.

Acórdase incluír como motivo de suspensión “ostentar un cargo público representativo”.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto