Lexislación Sanitaria e de persoal Publicado o fallido decreto de prescrición enfermeira
 
 

Publicado o fallido decreto de prescrición enfermeira

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

agrup enferm positivo cor

Publícase hoxe no BOE o decreto de prescrición enfermeira, un decreto que debería contemplar a prescrición enfermeira de medicamentos e produtos sanitarios de uso habitual na consulta e domicilio ou institución por enfermeiras/os no seu labor diario, mais que queda só nun intento, posto que a enfermaría, malia esta publicación, continúa nunha situación “alegal”, xa que na súa práctica diaria está utilizando certos medicamentos ou recomendando o seu uso ás/aos doentes, e isto continúa a estar sen regular.

A Agrupación Enfermeira da CIG-Saúde asegura que inda con este decreto,  “para que a enfermeira poda indicar, usar e autorizar a dispensación de medicamentos suxeitos a prescrición médica, previamente o/a correspondente profesional prescritor/a (non a enfermaría) deberá determinar o diagnóstico, a prescrición e o protocolo ou guía práctica clínica e asistencial a seguir” polo que tanto por parte da Organización Colexial como por parte do SATSE, que deu o seu beneplácito, “vendéusenos fume” e “este RD vén pór moi claro como é e a quen defende o PP, e quen manda realmente na sanidade do Estado”

Posición completa da Agrupación Enfermeira da CIG-Saúde a respecto deste decreto.

  • Decreto de Prescrición Enfermeira. Real Decreto 954/2015, de 23 de outubro, polo que se regula a indicación, uso e autorización de dispensación de medicamentos e produtos sanitarios de uso humano por parte das/os enfermeiras/os. PDF (BOE-A-2015-14028 - 16 páxs. - 536 KB)
 
 
 



No caso de que atopes unha ligazón errónea ou queras recomendarnos algunha, colabora con nós e envíanos un mail a ligazons@cig-saude.info

 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto