Noticias Persoal Contratacións Concentracións nas Direccións Provinciais
 
 

Concentracións nas Direccións Provinciais

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Hoxe ás once da maña realizamos varias concentracións diante das direccións provinciais do SERGAS para protestar pola situación das contratacións.

Por un lado están as listas pendentes por publicar (enfermeiras, cociñeiras, auxiliares de enfermaría, etc). O SERGAS dixo que a finais de novembro estarían publicadas as listas, (remata o mes e non hai nada).

100_0064

Outro problema que temos é a política de racaneo nas contratacións e iso que esta administración éncheselle a boca de falar de solidariedade cos parados e paradas, boa parte das vacantes que se acordaron no plan mellora para o ano 2009 seguen a estar sen cubrir, as ausencias do persoal por asuntos propios, ITs, vacacións, LDs etc cada vez se cobren menos, chegaron incluso a pechar plantas nos hospitais por non cubrir, claro que non se cortan despois en derivar persoal estatutario a hospitais privados.

Segue sen haber convocatoria de listas de farmacéuticos de saúde pública.


Por non falar da negociación do novo Pacto de contratacións, levamos mais de ano e medio sen conseguir nada mais que o SERGAS veña cunha proposta irracional de crear 3 listas que poderían deixar a moito persoal fora dos chamamentos e mais se temos en conta o xeito de facer a OPE  nalgunhas categorías.

É hora, unha vez rematado o agobio da OPE na maior parte das categorías de dicir BASTA XA!!! e amosar a nosa protesta ante o SERGAS, posto que:


SOMOS ESCRAV@S DA SÚA INCOMPETENCIA E NINGUNEO.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto