Noticias Persoal OPE Data do exame OPE. Información SERGAS
 
 

Data do exame OPE. Información SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Recibimos esta mensaxe do SERGAS:

INFO OPE pequeno 150pxInfórmase que está previsto que o próximo luns, 11 de xaneiro se publique no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se fai público o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas categorías de médico/a de familia e enfermeiro/a.

De conformidade co adiantado na páxina web do Servizo Galego de Saúde, os exames terán lugar o sábado, 23 de xaneiro no lugar e hora que, a continuación, se indican:

Lugar: Recinto da Feira Internacional de Galicia (Silleda-Pontevedra).

Hora:

Categoría de médico/a de familia: 9.30 horas

Categoría de enfermeiro/a: 16.00 horas.

Na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) publicaranse as distintas portas de acceso ao recinto de realización das probas así como os/as aspirantes comprendidos/as en cada unha delas. As persoas aspirantes deberán comprobar, con carácter previo, a porta de acceso que lle corresponde.

Non se permitirá o acceso das persoas aspirantes ao interior do recinto con dispositivos de telefonía móbil ou soportes con memoria. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto